Publicado o

‘Feros corvos’, a recuperación do Batallón Literario da Costa da Morte a través de Teresa Seara

[Na imaxe, retrato dos participantes do I Encontro de Escritores da Costa da Morte, no que poden verse a algunas das súas figuras más relevantes, desde Estevo Creus (segundo á esquerda) a Modesto Fraga (no centro da foto coa cabeza apoiada na man), Xandra Tedín (terceira á esquerda) ou Rafa Vilar (no centro da foto). Paco Souto é o que está practicando o andar exipcio. Na fotografía, tamén aparece Eduardo Estevez (tercero á dereita, na ringlera de abaixo) que participou nos seus encontros e colaborou nas súas actividades,]

 

O 1 de maio de 1996, fúndase en Cee o Batallón Literario da Costa Morte, colectivo que en pouco máis de dous anos de actividade se converteu en símbolo da acción poética en Galicia. Agora, cando se cumpre o 25 aniversario da súa fundación, Chan da Pólvora Editora publica Feros corvos [Escrita visible do Batallón Literario da Costa Morte], un traballo da crítica literaria Teresa Seara que entón acompañou o colectivo e que agora reconstrúe aquela travesía nun libro onde escolma os poemas do Batallón e fai memoria, ao mesmo tempo, dun período marcado polo entusiasmo político e poético. Como complemento á publicación do libro, Chan da Pólvora Editora vai reproducir neste endrezo electrónico unha selección das fotos do colectivo, ás que se poderá acceder a través da web e tamén do QR que aparecerá no libro.

[Intervención de Francisco Souto no I Encontro de Autores da Costa da Morte]

 

[Manuel María, no centro, durante un acto do Batallon Literario]

 

[Acto do Batallón na Capela do Pilar de Corcubión]

 

[Alexandre Nerium recitando no ciclo Aulas no Camiño. Na mesa, desde a dereita, Miro Villar, Rafa Villar, Xosé Leira, Rosa Méndez e Modesto Fraga]

 

[Intervención de  Francisco Souto no II Encontro de Autores da Costa da Morte]

 

[Os participantes no II Encontro de Autores da Costa da Morte, entre os que xa estaba (á dereita, en primeira fila) Teresa Seara ou o entón alcalde Corcubión, Rafael Mozo (no centro, con garavata)]

 

[Segundo Encontro de Autores da Costa da Morte]

 

[Miro Villar, ao lado de Modesto Fraga, durante un recital na Feira do Libro de Carballo]

 

[A representación do Batallón Literario da Costa da Morte en Holguín]

 

[Presentación do volume De mar e vento , co editor e poeta Miguel Anxo Fernán-Vello (á esquerda)]

 

[Intervención de Rafa Vilar na Festa das Letras Galegas de 1977 no Couto]

 

[Muro de homenaje no Couto aos escritores da Costa da Morte, con sendas placas de maio de 1997 e maio do 2000]

 

[Homenaxe a Pepe Miñóns, no que participaron Miro Villar, Alexandre Cerium, María Lado, Suso Baamonde, Modesto Fraga e Xavier Rodrigues Fidalgo]

 

[Homenaxe aos paseados de 1936 realizada polo Batallón. Modesto Fraga grava a intervención de Alexandre Nerium]

 

[Café literario celebrado no Macando, con Abel Mendes Bujeiro, Marta Dacosta, Modesto Fraga e Rafa Vilar]

 

[I Festa da Solidariedade, coa participación de Modesto Fraga (esquerda) e Xavier Rodrigues Fidalgo]

 

[III Recital no Castelo do Batallón]

 

[Exposición de libros da Costa da Morte no Couto]

 

[Presentación do libro Mar por medio con Modesto Fraga (esquerda), Rafa Vilar, Alexandre Nerium e Rafael Mouzo]

 

[Presentación de As armas da solidariedade en Corcusió, con Rafa Vilar (esquerda), Modesto Fraga, Xavier Rodrigues Fidalgo, Xandra Tedín  e César Carracedo]

 

[Os catro números da folla voandeira Feros Corvos, publicación de expresión do Batallón]

 

[Sesión de vermut co Batallón Literario]

 

[Xuntanza dalgúns dos membros do Batallón con Rafa Vilar (esquerda), Suso Bahamonde, María Lado, Modesto Fraga e Alexandre Nerium coa sea muller, Carmen López Sixto]