
O próximo sábado 28 de xuño, Chan da Pólvora non só celebra o seu aniversario senón tamén unha homenaxe a María Salvado López, vinculada ao proxecto poético no que se xeraron a editora, a libraría e máis a experiencia do Muro Döchán. O acto, que comenzará ás 19 horas na Horta das Chas (Correoira das Fraguas 37, soto) cun programa onde se integra a presentación do Mapa da estría de Andrea Nunes Brións, contará coa participación de Nenoso Ortiz de Galisteo, Zelta Laia, Teresa Núñez, Juan de Nieves e Soedade Noia. Con eles percorreremos algunhas das vertentes da apaixonada personalidade de María Salvado, que faleceu o pasado 11 de novembro. Asa súas cinsas, precisamente, foron depositadas nun dos socalcos da Horta das Chas.
Chan da Pólvora celebra este ano o seu aniversario coa presentación de Mapa da estría de Andrea Nunes Brións e unha homenaxe a María Salvado López, unha persoa estreitamente vinculada ao proxecto poético da editorial e unha das figuras fundamentais da renovación pedagóxica galega. O programa desenvolverase a partir das 19 hora na Horta das Chas (Corredoira das Fraguas 37, soto), o espazo ecopoético de Chan da Pólvora en Compostela.
O acto de hoamenaxe a María Salvado abre o programa cun percorrido a través da horta, onde se depositaron as cinsas da activista, unha das figuras á que tamén lle dedica o seu libro Andrea Nunes. No acto participarán Nenoso Ortiz de Galisteo, Zelta Laia, Teresa Núñez, Juan de Nieves e Soedade Noia. Os seus testemuños non só se achegaran á memoria dunha muller que se comprometeu coas causas xustas senón que traballou toda a vida para legar un mundo mellor do que ela encontrou ao nacer. A súa entrega, sobre todo no ámbito pedagóxio, foi dunha xenerosidade plena.
Nacida en Budiño (O Pino, 1950) e falecida en Compostela (2024), María Salvado López comezou a exercer como mestra no Freixo, co Concello de Outes, unha experiencia á que se entregou coa súa habitual paixón e que, en certo modo, marcaría súa traxectoria ata convertela nunha das figuras fundamentais da renovación pedagóxica galega. A súa aposta pola autonomía do alumnado como fonte de coñecemento e o compromiso coas persoas menos favorecidas déronlle luz propia na descomposición orgánica do franquismo.
A este compromiso social e pedagóxico uníase o seu carácter reivindicativo. De feito, foi a primeira mestra en retirar o retrato de Franco e o crucifixo dunha aula pública, o cal orixinou un conflito recollido nos periódicos da época. A súa xuventude –comezou a traballar aos 18 anos na escola– permitiulle tecer un nó entre o mestrado progresista que sobrevivira ao sistema educativo da ditadura e as xeracións novas que aspiraban a susperar as limitacións do réxime de 1936.
Formou parte da primeira promoción de licenciados da Facultade de Pedagoxía, etapa na que entra en contacto con Herminio Barreiro, filósofo e pedagogo que a guiou nos iniciais pasos teóricos. Seguidora das prácticas de Célestin Freinet, María Salvado propuxo unha escola ao servizo das clases con menos recursos económicos, participativa, coa razón como eixo fronte á sumisión e a obediencia. Influiuna tamén Piaget ou María Montessori, pero sobre todo por Rosa Sensat, que propiciou unha educación de conexión co feminismo e coa ecoloxía, principios que ela puxo por diante sempre, á par da demanda social.
En 1983, xunto a un grupo de pedagogos, promoveu Nova Escola Galega, movemento de base aínda en funcionamento que ten entre os seus obxectivo primordiais o de construír un sistema eduvcativa galego, público e democrático.
A política como transformación
A actitude, firme e nada compracente, púxoa na senda da acción política. Participou na creación da Unión de Traballadores do Ensino Galego (UTEG), o primeiro sindicato do sector que houbo no país, e impulsou, posteriormente unha alternativa a esta formación co Sindicato Galego de Traballadores do Ensino (SGTE), articulado desde o nacionalismo plural.
Licenciada tamén en psicoloxía, María Salvado formou parte dos equipos psicopedagóxicos de apoio, que cambiaron de maneira xa irreversible a atención á diversidade nos centros de ensino. Xunto a Teresa Núñez, formou unha rede de grande eficacia ao servizo da educación pública –que consideraba a base de calquera igualdade– e das persoas con maiores necesidades pedagóxicas.
Esta vertente foi inseparable do activismo político e cultural. Fundou o Partido Obreiro Galego (POG) e participou en Unidade Galega, coalición que uniu electoralmente ao POG co PSG e o PG. Logo, implicouse na posta en marcha de Esquerda Galega (EG) e nos movementos feministas. Non abandonou o pulso político ata o último alento.
No cultural, desempeñou un labor esencial como mentora de diferentes xeracións de poetas. O seu papel resultou clave, así mesmo, como ponte entre Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda con Galicia durante os anos que viviron en Cuba.
Fundación de Chan da Pólvora e Horta das Chas
En 2015 participou no nacemento do proxecto de Chan da Pólvora no homónimo barrio da Illa de Ons, xunto a Alicia Fernánedez, Eduard Velasco e Antón Lopo, aos que logo se unirían Gonzalo Hermo e Manuel Martínez. Foi o aval da libraría, vinculada á proposta comunal, e asinou como subscritora fundadora da editorial. Apoiou o desenvolvemento de Muro Döchán, coordinado por Juan de Nieves, e impulsou de maneira definitiva a creación da Horta das Chas, que desde a súa inauguración en xuño de 2020, supuxo a apertura en Compostela dun ámbito privado de grande interese e singularidade.
Mapa da estría de Andrea Nunes
Após a Homenaxe a María Salvado, a Horta das Chas acolle a presentación de Mapa da estría, o novo libro de Andrea Nunes Brións, cunha conversas da autora con Ana Romaní e un recital no que estará acompañada á guitarra por Alba María. En Mapa da estría, a Nunes Brións vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo.



