Publicado o

‘Nas cidades’, a soidade nómade de Beatriz Chivite publícase por vez primeira en galego

Beatriz Chivite é unha das poetas de maior proxección na poesía de lingua vasca, con libros nos que retrata, a través de poemas tan breves como intensos no alustro das imaxes, as súas experiencias de nómade, tanto as íntimas como as recollidas na observación comunal. A súa xa extensa obra, recoñecida con varios galardóns, aparece agora verquida ao galego no segundo volume de colaboración entre a editorial madrileña Papeles Mínimos e Chan da Pólvora Editora co título ‘En las ciudades / Nas cidades / Herietan’, un volume trilingüe que responde a unha experiencia única en España de apostar polo plurilingüismo e o intercambio de culturas. Desde esta mesma semana, Nas cidades – que foi traducida ao galego por Isaac Xubín– estará dispoñible tanto nesta web como nas vosas librarías de referencia.

Desde os primeiros pasos de Chan da Polvora, a editorial estableceu unha alianza de coedición co selo madrileño Papeles Mínimos, unha empresa singular polas voces periféricas que dirixe Imanol Bértolo. O primeiro froito desa alianza foi 13. Antoloxía da Poesía Galega Próxima, un volume de grande repercusión que realizou Chus Nogueira con apoio de Anxo Quintela e que permitiu difundir a voz das e dos poetas galegos entón emerxentes e hoxe xa consolidados, como Oriana Méndez, Berta Dávila, Ismael Ramos, Gonzalo Hermo, Lara Dopazo, Samuel Solleiro ou Antón Blanco. Tres anos despois, chega o segundo volume do proxecto comunal coa publicación en edición de trilingüe dunha antoloxía de Beatriz Chivite, unha das poetas con maior proxección na poesía en éuscaro.

O volume chega estes días ás librarías e faino nunha insólita edición, en papel tricolor, con tradución de Isaac Xubñin ao galego e coa propia Chivite como encargada de facer a versión en castelán. O libro recolle unha selección dos catro libros publicados en éuscaro pola autora, unha poeta imprescindible na poesía vasca actual. O libro inclúe un estudo de Jon Kortazar e Aiora Sampedro –traducido ao galego por Anxos Sumai– que nos sitúa no presente da produción literaria éuscara en xeral e na de Beatriz Chivite en particular.

Jon Kortázar, na súa introdución ao volume, salienta que desde o libro Metro de Chivite,chámalle a atención que a escrita da autora sitúa a con-urbanidade contemporánea, a “condición cosmopilta” do texto “nunha cidade que non estaba en el País Vasco, que non se situaba en España. Había, engade, “unha gran comunidade de persoas pululando no libro, e ao mesmo tempo expresábase unaha gran soidade, que ía máis alá das marxes do poema. Entre a sinxeleza da proposta e a comunicación dun mundo plural, a palabra e o silencio acadaban a marcar o territorio da complexidade emotiva, dos miedos, das ausencias, de situacións que non se comprendían de todo, dun ambiente de intranquilidade, de certa néboa entre o motivo poético escollido, ese mundo de xente que se move, que vai e ven e a expresión elexida para captalo, nesa brevidade que instala a precariedade n a relación persoal”.

Beatriz Chivite (Iruña, 1991). Leva máis de 13 anos vivindo fóra da casa e na dis- tancia empezou a escribir poesía en éuskaro, para sentirse máis perto e manter unha intimidade coas palabras da infancia. Traballou en embaixadas, museos de marionetas e festivais de cine. Viviu na China, Nepal, Indonesia, Hong Kong, Italia, Reino Unido, Taiwan… As cidades e as súas soedades son a súa materia e os poemas que escribe intentan re ectir un nomadismo que ela sente como pri- vilexiado. Publicou Pekineko kea [Smog de Pekín], premio Concello de Iruña de Poesía 2012 (Pamiela, 2017), Metro, premio Ernestina de Champourcin 2014 (Arabako Foru Aldundia, 2014), Biennale, premio Blas de Otero 2016 (Erein, 2017) e Mugi / atu [Móbil / limitación] (Pamiela, 2019). En 2015 recibiu o premio Lauaxeta de poesía nova.