Publicado o

‘nós outras’, un libro de funcionalidade transformadora, subliña Ramón Nicolás

O “estoupido cromático” e a “enerxía innata que arrastran as imaxes de Menchu Lamas” acompañan a aventura poética de Marica Campo en nós outras, o libro que Chan da Pólvora acaba de publicar na colección Udra de poesía para nenas e nenos. O crítico Ramón Nicolás faise eco do volume no seu Caderno da Crítica e saúdao como unha valiosa achega para “combater os prexuízos sociais, os estereotipos ou o acoso escolar e non só”. Trátase –sublima Nicolás– dun libro “editado requintadamente, no que se deposita unha funcionalidade transformadora extraordinaria. Oxalá sexa moi lido”.

Para ler a crítica completa:

nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas