Publicado o

Noudelo e Ribón celebra o Día do Libro con ‘Autobiografía do Vermello’ de Anne Carson

Autobiografía do Vermello (título orixinal: Autobiography of Red) é unha novela en verso que a escritora canadense Anne Carson publicou en 1998 e que se converteu na súa obra de referencia. Consiederada a poeta máis importante da lingua anglosaxona actual, Carson chega de novo ao galego coa tradución desta obra monumental, editada por Noudelo e Ribón, que celebra con ela o Día do Libro. A tradución é de Jesús Castro Yáñez, que estes días publica tamén Outroutro, o seu novo poemario.

En Autobiografía do Vermello, Anne Carson reimaxina a trama do poema fragmentario Gerioneida, do autor grego Estesícoro, que narra o episodio da vida de Heracles onde mata o monstro vermello e alado coñecido como Xerión para roubarlle o gando.

Concibida por Carson como unha novela en verso, Autobiografía do Vermello chega ás librarías este 23 de abril como contribución de Noufelo e Ribón ao Día do Libro. Nela, a autorta imaxina a Xerión como un adolescente homosexual alado que vive na época actual e que se namora dun neno rebelde chamado Heracles, nunha historia de desamor marcada polos corazóns rotos dsa paixón non correspondida.

A obra, que lle valeu á poeta canadesa a fama mundial, aparece con tradución de Jesús Castro Yáñez. En Paralelo a esta publicación,  o selo Chan da Pólvora puxo nas librarías estes días Outroutro, o novo poemario deste poeta que xa traduciu de Carson Antropoloxía da auga, tamén editada por Chan da Pólvora..

A reprecusión de Autobiografía do Vermello, é grande desde a súa publicación en 1998, ao tempo que orixinou numerosos comentarios:

«Anne Carson é unha escritora audaz, erudita e desacougante. Autobiografía do vermello, que talvez sexa o libro que máis cerca está de representar a magnitude da súa voz e o seu don, é un logro fascinante» (Susan Sontag).

«Totalmente cativador, un testemuño dun uso excepcional da mirada distante en terceira persoa para retratar a intimidade da infancia» [Ocean Vuong).

«Autobiografía do Vermello é moitas cousas: un poema, unha novela, un romance, un ensaio de tradución, un álbum de fotografías imposibles. Pero sobre todo é un canto de amor á vulnerabilidade do monstro que habita en todos nós. Neste exercicio de imaxinación radical, Anne Carson consegue insuflar unha nova vida aos poucos fragmentos que quedaron do Xerión de Estesícoro para levarnos de excursión con el ata o interior dalgúns dos volcáns máis enigmáticos da existencia: a identidade, o desexo, a memoria. Talvez polo camiño desta viaxe por terra e aire a través dos anos atopemos unha imaxe capaz de revelar de que está feito o tempo». (María Heena Higueruelo)

«Carson non usa unha linguaxe elegante: no seu ton fáctico, así como no seu afán por dar coas palabras que comuniquen a experiencia humana coa maior intensidade, hai un entendemento punzante. Parte da súa orixinalidade reside en que non intenta ser orixinal; tan só non lle interesa facer algo que non sexa completamente novo» (Ruth Padel).

Anne Carson

Anne Carson (Toronto, 1950) fixo a súa tese de doutoramento sobre Safo e publicouse en 1986 baixo o título Eros the Bittersweet. Actualmente imparte clases de clásicos na Universidade de Michigan en Ann Arbor. Publicou varios poemarios e ensaios, entre eles Plainwater: Essays and Poetry (1995), Glass, Irony and God (1995), Men in the Off Hours (2000), The Beauty of the Husband (2000, Premio T. S. Eliot de poesía) e Decreation (2005), Estev é o segundo dos seus títulos que se publica en galego, despois de aparercer en 2024 Antropoloixía da auga, traducidos volumes por Jesús Castro Yáñez.

Jesús Castro Yáñez

Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza; 1992) gañou no ano 2015 o Premio de Poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos (Espiral Maior, 2016), libro que posteriormente ampliou como proxecto transmedia en https://www.instagram.com/catroxardinsardendo/ e na performance Ningún quería ser nube, para falar de homofobia interiorizada e delitos de odio contra a comunidade queer. No 2017 publicou Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017), que inaugurou a colección Areal de Melide do selo, e que mestura poesía e imaxe usando a técnica da cianotipia. No 2021 encargouse de coordinar e traducir Campo de plumas (Sushi Books), unha antoloxía de poemas LGBT+ ao longo da historia. Como tradutor, tamén verteu ao galego A antropoloxía da auga de Anne Carson (Chan da Pólvora, 2023). No eido da literatura infantil, escribiu Federico (Triqueta Verde, 2023), un conto que entre a prosa e o verso propón unha biografía ficcionada de Federico García Lorca. O seu último poemario titúlase Outroutro (Chan da Pólvora, 2025).