
Coa publicación de Love me tender [24 pezas mínimas para unha caixa de música e cilindro], de Ana Romaní, e mais de Exuvia e saliva, de Lorena Souto, concluíu a subscrición 2024/25 de Chan da Pólvora Editora e ábrese a de 2025/2026, que será a derradeira da súa acción editorial. Para abrir a nova temporada xa están a punto de aparecer os dous primeiros títulos: Un xesto de tenrura, de Gonzalo Hermo, e Baladaz, de Sharon Olds.
Nesta derradeira subscrición, desenvolverase un acto de peche (previsto inicialmente para este ano) no que participarán tod*s *s subscritor*s: unha antoloxía da década que estamos cumprindo e da propia editorial a través dos criterios d*s subscriptr*s: cada un e cada unha deberá enviar unha fotografía (un selfie ou outa imaxe que vos represente) e elixir un poema de entre os libros publicados por Chan da Pólvora desde 2016. Coa escolla publicarase o derradeiro volume da derradeira temporada de Chan da Pólvora.
Para facer ou renovar a subscrición anual (que é de 130€ para dez libros) existen tres vías:
– Na web a través da “Quero subscribirme” do menú
– Unha transferencia de 130€ á conta ES39 3070 0035 2261 6868 3529
– Nun bizum ao número 630964148



