Simún, o libro que Nuria Vilán Prado acaba de publicar en Chan da Pólvora, preséntase o venres 28 de xaneiro na libraría Cartabón de Vigo (Rúa de Urzaiz, 125), nun acto que comezará ás oito da tarde. A autora, coñecida ata agora como unha das mestras da poesía oral galega co alcume de Nuria Vil, estará acompañada pola poeta María Lado, ademais do responsable de Chan da Pólvora, Antón Lopo.
Na súa sorprendente estrea literaria, Nuria Vilán non só indaga na poesía desde distintos ángulos, senón que fai un exercicio de coherencia entre a oralidade da súa orixe e as posibilidades da escrita. Poucas veces se dá un debut tan excepcional. Os seus versos, construídos co mesmo vento abrasador que lle dá título ao libro, móvense entre o imprevisible e o cataclismo, entre o atrevemento e a loita cotra unha mesma como índice de xenialidade. Fermoso, intenso e fascinante.