Publicado o

Os gremios do libro escollen ‘A desvértebra’ e ‘nós outras’ entre as súas preferencias

O libro de Ana Romaní A desvértebra, publicado por Chan da Pólvora, está entre os tres finalistas ao mellor poemario do ano dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021. Outro dos títulos da editorial, nós outras, de Marica Campo con imaxes de Menchu Lamas, opta en dous apartados destes galardóns, o de mellor libro infantil e o de libro mellor editado. Os premios Follas Novas é unha iniciativa da Asociación de Escriores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), da Asociación Galega de Editores (AGE) e mais da Federación de Librarías de Galicia. A lista completa de finalistas podédela atopar nas webs dos seus respectivos organizadores.