Publicado o

O libro de Dopazo Entenza sobre a lingua de Ons cóase entre os éxitos editoriais de agosto


O libro que inaugura a colección Illa de Ons de Chan da Pólvora, Até aquí podo contar de José Manuel Dopazo Entenza, colocouse entre os títulos galegos de maior éxito en agosto, segundo subliña Faro de Vigo na súa habitual lista de vendas, realizada sobre as achegas da Casa do Libro de Vigo e da Libraría Miranda de Bueu. Até aquí podo contar presentouse o pasado 21 de agosto en Ons nos actos do día grande das festas patronais da illa. A edición, que contou co apoio do Concello de Bueu, inclúe un importante apéndice documental de imaxes e de textos que nos permiten evocar –e falar– como illáns.

Continúe lendo O libro de Dopazo Entenza sobre a lingua de Ons cóase entre os éxitos editoriais de agosto

Publicado o

O poder electrónico da poesía de Afonso Traficante desembarca na Horta das Chas

 

A Horta das Chas, o espazo alternativo en Compostela para a poesía que creou Chan da Pólvora Editora, acolle este venres día 26, a partor das 19.30, o recital de Afonso Tranficante, poeta que desenvolve a súa obra entre a paixón do poema e a envolvencia da música. O recital chega un día despois de que Emma Couceiro presentase na horta (o xoves día 25) os seus novos poemas, cos que rompeu unha década de silencio. Fiel á sua esculca característica, Traficante ofrecerá no seu recital unha novidosa proposta que mestura a música electrónica e a poesía, na que é a súa primeira experiencia pública co tecno.

Continúe lendo O poder electrónico da poesía de Afonso Traficante desembarca na Horta das Chas

Publicado o

Chan da Pólvora renova a sua aposta pola Feira do Libro de Monforte con Nieves Neira e Nuria Vil

Chan da Pólvora Editora renova a súa aposta pola Feira do Libro de Monforte de Lemos e presenta este mércores día 24 de agosto, na xornada inaugural do encontro, dous dos seus títulos máis celebrados na temporada: Neve de agosto de Nieves Neira e Simún de Nuria Vilán Prado. Previamente, Xosé Rodríguez Díaz presentará Extraordinario de Anton Lopo, director da editora. Será un programa completo que se desenvolverá na rúa do Cardeal de Monforte a partir das oito da tarde.

Son dúas mulleres de personalidade marcada que acaban de publicar o seu primeiro poemario e con elas Chan da Pólvora fixo un particular lanzamento de cara ao verán. Pero os resultados superaron as expectativas: Nieves Neira vai pola segunda edición de Neve de agosto cando só hai dous meses que se publicou e Nuria Vilán Prado está a punto de esgotar dúas edicións de Simún, o seu sorprendente libro. As dúas comparten, ademais, un estilo singular de achegarse á oralidade. Nuria Vilán Prado –tamén coñecida co alcume de Nuria Vil– ven directamente do slam e da poesía oral, xéneros dos que é unha referente en Galicia, mentres Nieves Neira se achega nas súas aparicións públicas ás claves da performance. Xuntas conforman un calidoscopio de voces que de maneira única poderá escoitarse na Feira de Monforte.

Continúe lendo Chan da Pólvora renova a sua aposta pola Feira do Libro de Monforte con Nieves Neira e Nuria Vil

Publicado o

O regreso de Emma Couceiro, unha poeta de culto

Despois dun longo silencio que dura case vinte anos, Emma Couceiro, unha das poetas de culto da chamada Xeración dos 90, volve recitar. Será o próximo xoves 25 de agosto dentro do programa da Horta das Chas, espazo alternativo creado por Chan da Pólvora. Un día despois, o 26 de agosto, as Chas acollerá outro esperado regreso: o de Afonso Traficante, que ofrecerá o resultado da súa exploración como poeta na música electrónica.

Des que publicou (Cito) en 2003, Emma Couceiro iniciou un longo período de silencio, que se mantivo ata agora e que, por fin, rompe o 25 de agosto co seu recital na Horta das Chas. Nese recital, previsto para as 19.30, dará a coñecer algúns dos seus últimos poemas, pertencentes a un libro que aparecerá en Chan da Pólvora. Nacida en Cospeito (1977) pero criada na costa coruñesa, Emma Couceiro é autora dalgúns dos poemarios referencias da denominada Xeración dos 90, como Humidosas e As estrañas horas.

Continúe lendo O regreso de Emma Couceiro, unha poeta de culto

Publicado o

‘Trenza’, a poesía de Nieves Neira Roca feita corpo

Nieves Neira Roca presentou este xoves 18 de agosto en Becerreá o seu libro Neve de agosto, título de referencia co que Chan da Pólvora relanzou a súa colección SentuloTrenza é o título da acción performativa coa que a poeta achega ao público o volume, proposta que conta coa participación da creadora musical Olalla Caamaño e da bailarina Cris Vilariño. O espectáculo tamén poderá verse o 27 de agosto en Parada do Courel –a partir das doce da mañá– dentro do programa do Festival dos Eidos, que organiza a Fundación Uxío Novoneyra. O día 24, Nieves Neira estará en Monforte de Lemos xunto Nuria Vilán Prado para recitar ás oito da tarde na Feitra do Libro da cidade, un acto programado por Chan da Pólvora como apoio á poesía na capital da Ribeira Sacra.


 

Publicado o

Este domingo día 21 preséntase en Ons o primeiro libro sobre a língua illana

En xullo de 2015, botaba a andar na Illa de Ons un proxecto de acción cultural que tomaría como denominación o nome do popular barrio onde nacía: Chan da Pólvora. Sete anos despois, a editora xurdida do proxecto réndelle homenaxe á illa coa creación dunha colección específica que  inaugura o volume Até aquí podo contar [A lingua da Illa de Ons], traballo de José Dopazo Entenza que culmina unha década dedicada a sistematizar a fala dos illáns. Este domingo día 21, coincidindo coas festas patronais de Ons, o libro preséntase no Centro de Interpretación a partir das once da mañá nun acto onde participan o autor, o académico Francisco Fernández Rei, o concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, e o director de Chan da Polvora Editora, Antón Lopo.

Continúe lendo Este domingo día 21 preséntase en Ons o primeiro libro sobre a língua illana