A entomoloxía forense de Ana Romaní na crítica de Inma Otero Varela

A desvértebra anosa un mundo en descomposición, o noso. Aínda que a temática da identidade que smorece non é nova, si o son a materialidade impactante coa que se presenta a putrefacción e a distancia propia de quen observa desde a asepsia da ciencia”. Así escribe Inma Otero Varela na súa crítica a A desvértebra, de Ana Romaní, título publicado por Chan da Pólvora. “A osteoporose”, engade Inma Otero no seu comentario publicado esta semana (día seis de febrero de 2021) no Sermos Galiza, non é só unha metáfora. Tampouco a natureza, outra constante na autora, é o refuxio idealizado do indómito e da liberdade. Agora cómpre reparar no rillar miúdo da couza, no murmurio dos liques e dos fungos, nas colonias de bechiños (…). Rincha a madeira que podrece, igual que a carne. Québranse os ósos. É o momento da entomoloxía forense mentres aínda cheira a humidade. As vexigas infectadas supuran en case todas as páxinas e xa só hai vida na fermentación e na terra mollada, no subsolo”.

Para a crítica, poderíase pensar que “esta desaparición tanxible” abrigue a só contorna pero non é en realidade a cultura galega a única “res morta que colga do gancho. O desxeo é un proxecto global, este si, que conta con instrucions oficiais (…) para institucionalizar a depredación”.

Poderiamos pensar, engade, “que estamos ante a nada que preludia o cadáver. Pero áinda trema a vida nos substartos, no humus, coa frecuencia da alta rabia. E é cativador meter a man na terra, aínda que sexa con chagas”. Porque no libro de Ana Romaní –conclúe Inma Otero– “ademais de bio tamén hai política”.


 

Manuel Xestoso celebra o regreso de John Berger a Galicia con ‘Ferrovías’

“Un raro e delicado volume no que se mesturan o íntimo e o histórico, o poético e o social”. Desta maneira define o escritor e crítico Manuel Xestoso o volume Ferrovías, un traballo de John Berger e Anne Michaels que acaba de publicar Chan da Pólvora Editora na súa colección de tradución O Río. Martín Veiga fui o encargado de poñer en galego as palabras dos dous escritores, acompañadas nesta edición polas fotografías de Tereza Stehlíková. O texto, esplícalle Veiga a Xestoso no artigo aparecido en Nósdiario, “está percorrido por grandes metáforas: o tempo, a memoria e o tránsito. O ferrocarril actúa como eixo arredor do cal xorden esas ideas e axuda a ver eses movementos desde un punto de vista macrohistórico –as migracións– e tamén desde un punto de vista máis íntimo, como o dos amantes que se achegan ás estacións para atoparse no medio dunha multitude. Esa trenzamento entre o histórico e o persoal vai vertebrando todas estas ideas dunha forma nada forzada e moi natural”.

Podes ler o artigo completo neste enlace: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/john-berger-volve-galiza/20210203172327115080.html

 


 

Dúas novas audiografías de Chus Silva e Ana Romaní sobre ‘A desvértebra’

Desde hoxe martes [dous de febreiro de 2021] podedes atopar na seccion LIPo da nosa web dúas novas audiografías, o proxecto desenvolvido por Chus Silva e Ana Romaní sobre os poemas de A desvértebra, título de Romaní que publicou Chan da Pólvora.

O proxecto consiste en trasladar a voz da poeta ao exterior e integrala nun corpo sonoro. Para a realización de cada peza, gravaron primeiro en estudio os poemas. Logo, reproducíronos por un altofalante en diferentes localizacións e rexistraron de novo o audio mediante unha imaxe. Como resultado, os poemas non só se suman ao espazo, senón que forman parte del: transfórmano e ao tempo transfórmanse. Ir a LIPo

‘A desvértebra’, o cumio do territorio complexo de Ana Romaní, en palabras de Román Arén

A poesía de Ana Romaní foise facendo máis densa, “creando un territorio máis complexo, con forte carga de ironía e irreverencia ata chegar ao cumio en A desvértebra”, un dos últimos libros que publicou Chan da Pólvora Editora. As palabras son de Román Arén en La Voz de Galicia. Trátase, sinala o crítico, dunha poesía contra o “código correcto” que apalpa “por se houber un claro”.

Para ler a crítica: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2021/01/30/densidade-poeticapoesia/0003_202101B30E3992.htm


 

‘O gran poema’ de Constantino Bértolo seduce nas lecturas da semana

O gran poema, o asombroso libro que escribiu Constantino Bértolo sobre a súa memoria como Tino de Féliz en Navia de Suarna, impulsouse nas últimas semanas entre os títulos de referencia da poesía galega recente. Tampouco é para menos: a nova entrega que ofrece Chan da Pólvora Editora entre as súas novidades posúe a vontade de construír canto comunal, algo que enchoupa o longo poema de Bértolo de ecos e visións de futuro. En La Voz de Galicia, Xesús Fraga ofrece unha intensa entrevista na que o autor explica a xénese e o verdadeiro alcance do volume. Pódese ler no enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2021/01/12/span-langglconstantino-bertolo-falar-voz-alta-nunha-lingua-necesitase-ter-detras-pobo-horizontespan/00031610469241295988576.htm

Tamén El Correo Gallego recolle a publicación de O gran poema xunto á de Ferrovías, de John Berger e Anne Michaels, baixo o titular: “Chan da Pólvora estrea ano coa publicación de O gran poema e Ferrovías”. O texto pódese ler en: https://www.elcorreogallego.es/tendencias/chan-da-polvora-estrea-ano-coa-publicacion-de-o-gran-poema-e-ferrovias-HY6122898

En El Progreso, aparecerenon recentemente dúas entradas. Santiago Jaureguizar ocúpase do volume de Bértolo na súa crónica Un anxo morto no ceo da boca. Acceso ao artigo

Pola súa banda, Nieves Neira Roca adéntrase na xénese de O gran poema e nos vínculos emocionais do seu autor nun artigo publicado nas páxinas do xornal lucense dedicadas a Navia de Suarna. Acceso ao artigo

Na sección de Galicia de eldiario.es, o xornalista Daniel Salgado entrevista con vagar a Constantino Bértolo baixo un titular que lembra como o editor acaba de publicar aos 74 o seu primeiro poemario e que, ademais, o fai en galego, despois de realizar toda a súa traxectoria editorial, poética e crítica dentro do ámbito en castelán. A entrevista, na que Bértole desvela algunhas das raíces do seu poemario, pode lerse ao completo no enlace: https://www.eldiario.es/galicia/politica/editor-regresa-ao-pais-natal-constantino-bertolo-publica-seu-primeiro-libro-poemas-aos-74-anos-e-faino-galego_1_7179112.html


 

A memoria en fotografías de Roberto Varela convértense nun acontecemento periodístico

O tempo que vivimos, o libro de Roberto Varela coeditado por Chan da Pólvora na colección de proxectos externos Onsa, converteuse nun acontecemento periodistico e ao longo da última semana todos os medios escritos se fixeron eco da publicación en coidadas e amplas informacións. A máis recente foi a de La Voz de Galicia, un traballo realizado por Héctor J. Porto onde o actual conselleiro de Asuntos Culturais da Embaixada de España en París subliña “Quixen evitar a biografía visual, mostrar os sitios nos que vivín, as cidades que visitei ou as sete marabillas do mundo. Non se trataba diso, senón de alma, de sentir que o meu corazón late aquí, naceu aquí e volveu aquí. É como unha viaxe de anos, anos nos que non parei de moverme, e isto é un retorno”. Este enlace permite ler completa a entrevista: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2021/01/25/span-langglroberto-varela-volta-a-praia-da-infanciaspan/0003_202101G25P25991.htm

En Diario de Pontevedra, a periodista Belén López titula o seu artigo sobre unha das frases que caracteriza o discurso de Roberto Varela arredor do libro: “Somos memoria e esquecemento”. Acceso ao artigo.

Faro de Vigo, pola súa banda, publicou unha dobre páxina cunha completa entrevista ao ex conselleiro de Cultura no primeiro goberno de Núñez Feijóo, realizada por Salvador Rodríguez. Acceso á entrevista