Publicado o

A libraría Wells de Cangas e Chan da Pólvora celebran xuntos unha década en alianza

Chan da Pólvora e a Libraría Wells de Cangas celebran o seu décimo aniversario cun recital que reunirá a poetas de vínculos á comarca do Morrazo e ao catálogo da editora . O encontro terá lugar o vindeiro xoves nove de xullo ás 20.30 horas e con el dáse continuidade ao programa desenvolvido por Chan da Pólvora cada verán neste espazo de referencia para a cultura libresca galega. No recital participan Ismael Ramos, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miriam Ferradáns, Carlos Amado, Oriana Méndez e Braulio Vilariño. Cando as dúas cabeceiras cumpren unha década e Chan da Pólvora culmina a súa acción editorial, este recital festexa unha alianza que converteu o Morrazo nun dos ámbitos principais de acción de Chan da Pólvora, tanto en Cangas como en Bueu, concello onde se localiza precisamente o topónimo que lle dá nome á editora.


 

Publicado o

‘Literatura de Sodoma’, a crónica da homofobia desde a cortada da moral portuguesa

En xullo de 1922, no terceiro número da revista Contemporânea, Fernando Pessoa publica o artigo António Botto e o Ideal Estético em Portugal, que provoca a cólera nos círculos portugueses moralmente máis reaccionarios por tratarse dun autor –Botto– abertamente homosexual e dun referente literario –Pessoa– que enxalzaba “comportamentos desviados”. A partir dese momento, armouse unha campaña que durou varios anos e que culminou coa queima, por orde do gobernador civil de Lisboa, non só dos exemplares das Cançoes de Botto senón tamén da revista na que Raul Leal publicara o artigo Sodoma divinizada e doutro título, a xuízo dos estudantes católicos, escandaloso: Decadência de Judith Teixeira. Chan da Pólvora recupera agora as tres obras nun único volume coordinado por Carlos Quiroga que leva por título Literatura de Sodoma e co que a editora celebra un ano máis este 28 de xuño, a partir das oito da tarde, o Día do Orgullo Galego.

Continúe lendo ‘Literatura de Sodoma’, a crónica da homofobia desde a cortada da moral portuguesa

Publicado o

Chan da Pólvora culmina a súa acción editorial este 28 de xuño cun histórico recital na Horta das Chas

O 28 de xuño de 2016, presentábase Chan da Pólvora Editora, unha marca que revolucionou e axitou a forma de publicar poesía en Galicia. Transcorridos dez anos, o selo culmina a súa acción e celébrao o próximo domingo no espazo ecopoético da Horta das Chas, en Compostela [rúa das Fraguas 37, soto] a partir das 20 horas. A festa terá lugar de novo un 28 de xuño, pero agora de 2026, e comezará ás oito da tarde.  O eixo da celebración é un recital con algunhas das autoras e autores que enriqueceron o catálogo da editorial e que a converteron nun referente. Ademais, como acantece cada 28 de xuño desde o ano fundacional de 2016, presentarase un volume da colección Rabo de Egua, nesta ocasión Literatura de Sodoma, traballo de Carlos Quiroga sobre a queima en 1925, en Portugal, de tres libros de tres autor*s acusad*s de exhibir a súa homosexualidade: António Botto, Raul Leal e Judith Teixeira.

Continúe lendo Chan da Pólvora culmina a súa acción editorial este 28 de xuño cun histórico recital na Horta das Chas

Publicado o

Pilar Pallarés reúne a súa obra en ‘Unha escriba’, un dos grandes acontecementos poéticos do ano

A miña voz che entrego como un templo para que nel acougues e descanses”. Estes versos, pertencentes ao libro Entre lusco e fusco de 1980, abren Unha escriba, onde Pilar Pallarés reúne a súa poesía. É case medio século dunha traxectoria que nos ofreceu títulos de culto como Libro das devoracións ou Tempo fósil. “A vida só é máis vida / se o pensamento vén e se dá en éxtase”, escribe xa ao final dun volume que inclúe poemas dispersos e que, dese xeito, ofrece unha panorámica única para coñecer unha autora decisiva na poesía galega contempóranea.

Continúe lendo Pilar Pallarés reúne a súa obra en ‘Unha escriba’, un dos grandes acontecementos poéticos do ano

Publicado o

Alberto Lema regresa á poesía como o cartógrafo combativo do ‘Río Grande’

Alberto Lema regresa á poesía despois de anos de afastamento e faino con Río Grande, unha especie de cartografía sobre a extinición dun pobo que ten como síntoma principal o devalo no uso da súa lingua. Lema, que acaba de gañar o Premio Xerais de novela con outro libro de título fluvial –A boca do río– presenta o seu novo poemario o día 22 de xuño na libraría Berbiriana da Coruña a partir das sete da tarde con Henrique Rabuñal. O día 25 de xuño estará na libraría Aenea de Compostela con Daniel Salgado e o 9 de xullo na Central Libreira de Ferrol con Manuel López Foxo.

Continúe lendo Alberto Lema regresa á poesía como o cartógrafo combativo do ‘Río Grande’

Publicado o

Pablo Fidalgo culmina con ‘O malperder’ o seu proxecto de memoria familiar

Entre 2013 e 2015, Pablo Fidalgo Lareo comezou a recuperar a memoria familiar, un proxecto ao que agora lle pon remate con O Malperder, un libro que acaba de publicar Chan da Pólvora e que o día 26 de xuño se presenta no Marco de Vigo, a partir das 19 horas, coa compaña da poeta Oriana Méndez. Trátase do terceiro traballo en galego de Fidalgo Lareo despois de Parangolé e Je vous salue, Fran Cortegoso, todos eles publicados en Chan da Pólvora.

Continúe lendo Pablo Fidalgo culmina con ‘O malperder’ o seu proxecto de memoria familiar