Publicado o

Este venres día 7 inaugúrase na Casa das Campás de Pontevedra a mostra de ‘nenas medrando’

nenas medrando, o libro de Silvia García que Chan da Pólvora publicou na súa colección Areal de Melide, chega este venres 7 de maio a Pontevedra por partida dobre: ese día, ás 19 horas, presentará na Casa das Campás [Vicerreitoría do Campus de Pontevedra] o volume e, ao mesmo tempo, inaugura alí a exposición onde se exhibe o material utilizado de base ao libro. nenas medrando xurde dunha colección de fotos de nenas de distintas épocas que a autora foi recollendo durante narios anos. O resultado é un volume escintilante e delicioso. Continúe lendo Este venres día 7 inaugúrase na Casa das Campás de Pontevedra a mostra de ‘nenas medrando’

Publicado o

Estes días chega ás librarías ‘Cadernos persoais’, o volume inédito de Lois Pereiro

Chan da Pólvora achega ás feiras do libro de Galicia os Cadernos persoais de Lois Pereiro, un dos títulos máis esperados da temporada. O volume, en edición de Héctor Cajaraville, publícase ademais como homenaxe ao poeta cando se cumpren 25 anos da súa morte e inclúe textos de Fernando Saco [o compañeiro de viaxe en varias travesías] e Inés Pereiro, que aprendeu a viaxar co seu irmán.

Continúe lendo Estes días chega ás librarías ‘Cadernos persoais’, o volume inédito de Lois Pereiro

Publicado o

Xela Arias por Xela Arias

O martes 23 de marzo chegou ás librarías De certo, a vida ía en serio, de Xela Arias, unha singular achega de Chan da Polvora para celebrar o Día das Letras Galegas. A partir de entrevistas, conferencias, reflexións, autopoéticas e poemas, o volume permítenos descubrir a personalidade e a obra da autora cunha perspectiva ata agora inédita. Maria Xesus Nogueira foi a encargada de realizar a selección de textos e mais as contornas que pechan o volume, un traballo de indagación que axuda a abrir as lecturas sobre unha muller que vivíu de maneira intensa e, con frecuencia indómita, o seu tempo.

“Asinamos ser libres e o vieiro é a independencia total e gratuíta”, escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio. Non se trata unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.

Continúe lendo Xela Arias por Xela Arias

Publicado o

‘nós outras’, un “libro de artista”, en palabras de Menchu Lamas

nós outras, título de Marica Campo e Menchu Lamas que publicou Chan da Pólvora na sua colección Udra, é no seu resultado final “case o dun libro de artista, un obxecto artístico en si mesmo”, asegura Lamas nunca entrevista que publicou este sábado (27 de ferreiro de 2021) o semanario Sermos Galiza de Nós diario. Na entrevista, realizada por Manuel Xestoso, a artista viguesa salienta os valores do libro, baseados na diferenza e na diversidade, así como o labor que se fixo desde Chan da Pólvora na interpretación das súas imanes. Ao mesmo tempo, a entrevista sérvelle para facer revista da súa traxectoria desde o movemento Atlántica e algunhas das situación que caracterizan a sociedade actual.

Acceso á entrevista