
Paula Luís pechou esta semana Dendrita, o seu primeiro libro, que publicará en xuño Chan da Pólvora Editora. Dendrita é unha obra impactante, onde Paula Luís explora os labirintos da identidade, o funcionamento da mente e o xesto poético. A forte personalidade da autora reflíctese nun texto que non deixará indiferente a ninguén, sorprendente na sua concepción e na súa insólita proposta. Poucas veces un libro de poemas accede a espazos tan singulares da profundidade humana como Dendrita. Nacida en Vigo en 1981, Paula Luís estudou medicina chinesa e procesamento forestal. Despois de pasar unha longa temporada en Cataluña e transitar por Compostela, vive actualmente en Freixeiro, unha parroquia de Santa Comba. Traballa no ámbito agrícola. Asegura que unha das cuestión que más lle interesan é a neuroloxía. Continúe lendo Paula Luís pecha ‘Dendrita’, a próxima publicación de Chan da Pólvora





![Mapa da estria [Andrea Nunes Brións]](https://chandapolvora.gal/wp-content/uploads/2025/07/estria-1200x500-web.png)
![Xa e dia grande [Emilio Arauxo]](https://chandapolvora.gal/wp-content/uploads/2025/07/Xa-e-dia-grande-Emilio-Arauxo.png)


![Pobreza de espírito [Emma Couceiro]](https://chandapolvora.gal/wp-content/uploads/2024/11/Pobreza_espirito-Emma-Couceiro-1200x500_c.jpg)


Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo permitiulle a Carlos Penela gañar por segunda vez o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, que no 2000 obtivera con Acaso inverno ao tempo que confirmou a súa traxectoria como unha das voces de maior recoñecemento entre os xurados galegos. Agora, en Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a súa produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. O poema condénsanse pero tamén se converte nunha paisaxe de maior peso narrativo, cunha linguaxe, marcada pola vontade do rigor e da honestidade, que lle permite sortear a devastación do tempo. O libro proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a sea produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo aparece publicado na colección ELBa [acrónimo de Eusebio Lorenzo Balearón], que comparte Chan da Pólvora Editora co Concello de Dodro. Unha proposta de descubrir a poesía cando se logra ir máis alá das fronteiras impostas pola linguaxe caduca do presente. 

