A Casa da Cultura de Sarria acolle este mércores, 15 de decembro, a resentación de Radiante, o último poemario de Manuel Darriba. Será un espectáculo interdisciplinar que comeza ás 19 hora e que se articula arredor do libro. Nel intervirán as alumnas e alumnos do IES Xograr Afonso Gómez da vila, a profesora Teresa López Rodríguez e o propio autor. O programa inclúe unha Pelexa de galos con Mauro Díaz w Slatel Alcántara, os comentarios libres de Aitana Valcárcel, a danza con voz e percusión de Fabia Lopez, Xana López, Mateo Cumbraos e Xabier Rdríguez; o recitado con pictogramas de Ari Lopez e Thalía Vázquez, así como o recitado con piano de Carlos Vilariño, María Rigueiro e Lia Casal. Trátase dun acontecemento exepcional para un libro que tamén o é, publciado por Chan da Pólvora nunha edición escilante.
Radiante é, sen dúbida, o poemario de Darriba que con máis forza explora na materia poética. Durante o proceso de composición da obra, que se prolongou varios anos, o autor sentiu que traballaba unha materia dura, pedra ou madeira, para extraer da masa informe fragmentos de discurso estructurado. En moitos casos, os poemas empezaron como gromos de escritura automática (ou case) que cobraron forma e sentido no proceso de creación. “Toda peza de arte acabada”, asegura o autor “é unha estación de destino cunha viaxe moi longa. A poesía pode ser complexa, pero nunca o é tanto como a vida”.