A publicación de O tempo que vivimos de Roberto Varela converteuse nun fenómeno periodístico nas últimas semanas. O libro, publicado por Chan da Pólvora Editora na colección Onsa de proxectos externos, é unha caste de autobiografía en imaxes deste diplomático que durante dous anos foi conselleiro de Cultura da Xunta no primeiro goberno de Núñez Feijóo. Desa experiencia fala, precisamente, na última entrevista que concedeu, realizada por Montse Dopico e publicada este domingo (sete de fabreiro de 2021) no xornal dixital Praza Pública. E é que Varela non só fai un apaixonante percorrido pola actualidade (a súa vida nun París confinado) senón que tamén esfaragulla as súas impresións á hora de realizar o libro e revisita o escenario político no que aterrou en 2009.
O tempo que vivimos é un libro que nos conduce a través de visións sempre inquietantes, de gran profundidade emocional, cun discurso que non oculta as caras menos compracentes nin se recrea nas máis liviás. Ás veces aparecen labirintos, os trampaollos e as estradas que semellan perderse en sitio ningún. Son reflexos que nos hipnotizan na súa beleza ou son masas que nos estremecen no silencio da súa violencia. E case sempre, como un sedimento, está a soidade, as escintilacións, a vida…
Para ler a entrevista completa: https://praza.gal/cultura/os-ataques-que-recibin-sendo-conselleiro-doeronme-moito-sentinme-so-e-incomprendido-non-entendia-nada