Contos de Mesopotamia [Ánxel Fole]

15,00

Descripción

 26-06-2017
 9788494570162
COLECCIÓN: Biblioteca de Mesopotamia, número 1


O volume presenta dez relatos incluídos nos seus títulos referenciais: A lus do candil, Terra brava, Contos da néboa e Historias que ninguén cre.  As paisaxes do Incio, do Courel, Castro Caldelas, Monforte, Laiosa, Rubián, Sober, Amandi, Os Peares ou O Brollón son algunhas nas que este escritor [agochado durante a posguerra en Quiroga] ambienta a súa imaxinería. Ademais dun completo índice xeográfico, que lle permitirá aos lectores percorrer a toponimia e as paisaxes da Ribeira Sacra, o volume conta cunha introdución de Claudio Rodrígez Fer, o grande especialista de Fole, candidato ao Nobel de Literatura durante os anos oitenta. No seu ensaio, Rodríguez Fer describe a íntima comuñón entre a obra de Fole e a paisaxe destas comarcas.