Os Eidos. O libro do Courel [Uxío Novoneyra]

17,00

Esgotado

Descripción

 15-02-2018
 9788494769825

Os Eidos converteuse, xa desde a súa publicación en 1955, nun dos títulos fundamentais da poesía galega do século XX e o paso do tempo non fixo máis que afianzar esa posición indiscutible entre a crítica e entre os lectores. Considerado o inicio dunha corrente que diluía o persoal en favor do común, o libro naceu durante a convalecencia de Novoneyra por unha grave pleuresía, entre 1952 e 1954. Nesa convalecencia –aseguraba o poeta– a súa mirada abriuse a unha percepción directa das cousas, dos seres e da terra, o cal lle permitiu concibir a propia terra como unha forma onde se escribe algo que se nos segue a dicir, sen interrupción. O gran misterio de Os Eidos é o de poñernos en contacto cunha memoria profunda.
As características do volume converten esta edición de Os eidos en excepcional por varias razóns, entre as máis subliñables a inclusión dun dicionario novoneyriano, titulado As cores do ucedo e realizado por Emilio Araúxo. Como resultado de máis de quince anos de entrevistas e conversas co escritor, Araúxo saca nese texto á luz cuestións ata agora inéditas sobre a xénese do libro e os estados emocionais nos que Novoneyra vivían nos anos en que o escribiu. Ademais, o volume inclúe unha introdución de Olga Novo, unha das grandes especialistas na obra do escritor courelao, e un conxunto de caligramas relativos ao poemario.


Emilio Araúxo (Coles, 1946) é o autor de As cores do Ucedo, texto que aparece publicado na edición de Os Eidos da Biblioteca de
Mesopotamia como complemento aos poemas, e como oportunidade de aproximación á escrita de Novoneyra. As cores do ucedo supón
unha achega excepcional ao mundo do poeta, ademais de constituír unha fonte de grande valor documental por revelar aspectos inéditos
das orixes de Os Eidos.
Araúxo irrompeu na acción cultural pública a mediados dos anos noventa con Noitarenga, unha empresa editorial que se centrou en verter ao galego a obra de pensadores contemporáneos, se ben tamén publicou varios volumes de poesía ou libros como Dos soños teimosos, esa longa entrevista con Uxío Novoneyra que se convertería no testamento do creador courelao. Na poesía, deuse a coñecer co asombroso Libro da Ribeira Sacra (1996), ao que seguiron Pois e As chairas das letras, ambos de 1998. Desde hai anos, difunde a través da editora non venal Amastra-N-gallar a cerna da súa exploración creativa, na que conflúen poesía, fotografía e filosofía. O seu obxectivo é, asegura, “sentirse mediador, con palabras desenterradas, entre os mortos e os que acaban de nacer”.
O texto que agora aparece na Biblioteca de Mesopotamia parte dunha serie de conversas e de entrevistas de Araúxo con Uxío Novoneyra, iniciadas no ano 1985. Delas foi nacendo un vasto corpus textual do que extractamos algúns fragmentos relativos a Os eidos. O labor de selección e de revisión destas notas estivo a cargo de Antón Lopo. Naqueles encontros, tratábase –segundo subliña o propio Araúxo– dun esforzo de elucidación arredor da efectividade inmanente dos poemas, e a traves dos poemas había a vontade de cribar as guras e os signos do posible. Toda a apertura de arco que se desprega desde as tres obras da primeira mocidade: Rojo (escrito «cando tería dezanove anos»), Desde las cosasDesde las cosas non se parece en nada como palabra poética a Os Eidos, pero uniuse como teoría en Os Eidos») e Courel («escrito cando tiña vinte e un e vinte e dous anos») deica Cantata en Compostela (en Cantata en Compostela ou Tapiz de varios
trobadores está «intentando darlle un cemento de unión ás cantigas dos trobadores composteláns», «Os poemas dos trobadores son os poemas máis belos do mundo. Convivín moi longo cos trobadores e téñoos moi asumidos», os poemas que escribiu para este libro, noméaos Uxío Novoneyra, «poemas referidos», referidos a outros poemas).