Ad inferos [Mónica Sánchez]

12,00

Descripción

 21-08-2018
 9788494856518
 Areal de Melide, número 2


Ao achegarse a Ad inferos, dá a impresión de que ninguén escribiu antes as súas palabras nin viu antes as imaxes que ela retrata. O efecto prodúcese porque a través de Ad inferos descendemos a un espazo de liberdade e de memoria axitadoras. Coa súa sorprendente dualidade de poemas literarios e visuais, o libro emerxe do alleamento consciente e logra, nas sintaxes híbridas, a esencia mesma da creación. Trátase dunha poesía concibida como catábase infinita. Poesía como bocexo dun xamán que volve do alén para extinguirse aínda que, talvez, o alén está nas súas propias mans ou nas sombras que o rodean e só ensaia a dobrez da morte. Mónica Sánchez pensa no efémero e consúmese. “Atopo a forza”, asegura, “no descoñecemento/ descoñecido”.


Mónica Sánchez Rodríguez [Reigada, Monforte de Lemos, 1986] gañou en dúas ocasións o premio de poesía Xuventude Crea (2013 e 2015), o que lle valeu introducirse nos circuítos culturais do país pero, moi especialmente, na rexión da Ribeira Sacra, onde colaborou con distintas asociacións e iniciativas. O seu impactante Ad inferos, no que inclúe poemas literarios e visuais, é o primeiro libro que publica.