nenas medrando [Silvia García]

13,00

Descripción

 1-10-2020
 9788412101898
 Areal de Melide, número 4


No ano 2009, Silvia García iniciou na Biblioteca do CGAC o proxecto Os silencios de Alicia. Unha década despois retoma algúns dos elementos deste proxecto e redimensiónaos cunha serie de poemas onde a súa voz se funde coa memoria allea para construír un libro arredor da conciencia do corpo, das sensacións, dos procesos de maduración e, mesmo, dos recordos que aparecen cando asistimos como nais ao crecemento dunha nena. Silvia García comezou a coleccionar fotografías anónimas adquiridas en mercadiños e a través de internet. Sobre esa base, intentou buscar un fío que lle permitise albiscar a pose e a maneira na que as mulleres e as nenas aparecen nas fotografías: como miraban a cámara e como traslucían se estaban cómodas ou non. Aí comezou a súa curiosidade polo silencio, polo que cada nena cala, a súa incomodidade pero tamén o seu acomodo a unha realidade que lle ven dada.


Silvia García González (Cangas do Morrazo, 1973) é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Durante 7 años traballou no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no departamento de actividades. Actualmente é
profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Co proxecto Rastro Material organizou en 2019 e 2020 intervencións no Pazo de Tor da Rede Museística da Deputación de Lugo e no Claustro Alto de Fonseca da USC. Ademais de distintas exposicións que realizou, entre outros espazos, no MARCO de Vigo ou no MAC da Coruña, Silvia García levou a cabo intervencións como A casa de alá abaixo nunha casa deshabitada en Cangas do Morrazo, A cidade dende dentro na biblioteca da facultade de filosofía da USC e A cidade dende fóra na antiga escola Torrecino na parroquia de Cela en Bueu. Como poeta, deuse a coñecer en 1998 co concurso de poesía da Universidade de Vigo.