Poemas inmóbiles de movemento estático [Fran Alonso]

17,00

Descripción

DATA DE EDICIÓN: 09-12-2022
EAN: 978-84-125905-6-2
IDIOMA: Galego
, número 5


Poemas inmóbiles de movemento estático afonda na liña que Fran Alonso ven desenvolvendo desde hai anos sobre as posibilidades plásticas da poesía, característica que neste libro se converte nunha eclosión. Pero non debemos levarnos a engano. Baixo as formas escintilantes agáchase o desacougo dos poemas, talvez os máis escuros que escribiu o autor. O libro xira arredor dun ser de natureza incorpórea, engastadao ao individuo que escribe e aturdido no desalento do frío, no abatemento do corpo, no humus da frustración. O ser debeu perderse na reite- ración das palabras, no labirinto dos conceptos, na confusa arañeira que prendeu coa erosión da engra- naxe neuronal mentres o corpo do individuo que escribe se arrastra pola dor, polo desalento, polo desencanto e pola palabra para procurar unha iden- tidade (dubidosa) na incerteza da esperanza.


Fran Alonso (Vigo, 1963) é un dos escritores que renovaron a narrativa galega a primeiros dos anos noventa, inicio dunha traxectoria na que tamén ocupará un papel central o seu traballo como responsable de Edicións Xerais e a súa aposta pola poesía. O seu primeiro li- bro de poemas que publicou Fran Alonso foi Persianas, pedramol e outros nervios (1992). Logo viñeron Tortillas para os obreiros (1996); Subversións (2001); Balada solitaria (2004); Transición (2011), poemario e CD no que reci- ta con María Lado; Poétic@ (2015), poesía elec- trónica e crossmedia (www.poetica.gal); Esta- do de malestar (2016/17) pubicado en Twitter (@Tw140Poemas); Terraza (2017) e Poemas inmóbiles de movemento estático (2022), que inclúe versión en videopoema. Especialmente dirixido ao lectorado infantil e xuvenil publi- cou Cidades (1997); O meu gato é un poeta (2011), en edición estendida con web e CD en colaboración con Xurxo Souto; e os poema- rios híbridos Poemas birollos para ler cos ollos (2016) e Street poems (2018).