Sardiña [Miriam Reyes]

16,00

Descripción

 11-11-2018
 9788494856525


En agosto de 1983, cando ten oito anos, Miriam Reyes emigra cos seus pais desde o Ourense natal a Caracas, unha viaxe que rompe a conexión das súas raíces e a envolvencia do idioma no que se criara. Desde entón, intentou escribir en galego para referirse á experiencia da emigración sen que ningún proxecto callara. Porén, trinta e cinco anos despois daquela dolorosa ruptura, xurde Sardiña, onde Miriam Reyes, a través da figura do seu avó, reflexiona sobre unha lingua que non é sua e, ao tempo, si o é. Un traballo de grande forza literaria que documenta o seu achegamento á escrita en galego, as súas limitacións e as frustracións dese proceso. Estamos ante un dos libros
máis sorprendentes e lúcidos que se escribiu nas linguas da nosa contorna sobre a emigración. En galego, a voz de Miriam Reyes é outra porque ela, en galego, tamén o é.


Miriam Reyes (Ourense, 1974) é unha das exploradoras máis orixinais da poesía hispánica contemporánea, difusora ademáis dos autores galegos a través do seu labor como tradutora. Estudou Letras na Universidade Central de Venezuela e Filoloxía Hispánica na Universitat de Barcelona. Publicou os libros Espejo negro (2001), Bella durmiente(2004), Desalojos (2008), Haz lo que te digo (2015) e Prensado en frío (2016).
Desde o ano 2001 experimenta coa escritura audiovisual e o recital multimedia.