Ultramarino [Jesús Castro Yañez]

12,00

Esgotado

Descripción

 12-11-2017
 9788494769849
 Areal de Melide, número 1

A poesía de Castro Yáñez achégalle ás novas xeracións de poetas galegos un verso escintilante e limpo, desafiante e poderoso. Deuse a coñecer no 2015 con O vello e o minotauro, un relato que lle valeu o Premio Nélida Piñón. Logo, revelouse como poeta de palabra expansiva en Os nomes e os himnos, co que gañou o Premio Pérez Parallé. A súa obra, incluída en 13. Antoloxía da poesía galega próxima –volume coeditado por Chan da Pólvora e Papeles Mínimos que se converteu no expositor para os lectores en castelán da nova poesía galega– debúxase no vértice dos ollos cunha mirada profunda e prolóngase en recitais onde o poeta encontra alianzas entre o poema obxectual e a voz emitida desde os residuos da memoria.


Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza, 1992) devólvenos en Ultramarino o pracer e o misterio deses instantes fuxidíos que, dalgún xeito, marcan as nosas vidas. É un libro que transpira luz e estremecementos táctiles, que asume o risco da aventura poética e o hedonismo do xogo introspectivo, a forza e a emoción de saberse dono de plenitude carnal. “Falarei da chuvia, pois tamén niso consiste que chova”, escribe Castro Yáñez como limiar duns poemas que enuncian o indescifrable, o mar, a praia, o horizonte e os seres que habitan na súa confluencia, salvaxes e desbordantes.