13 Antoloxía da poesía galega próxima

20,00

Esgotado

Descripción

 15-11-2017 
 9788494570179 
 
 Papeles Mínimos, número 1 


“13”, antoloxía bilingüe da “Poesía Galega Próxima”, realizada por María Xesús Nogueira.

O título fai referencia aos trece poetas antologados Francisco Cortegoso, Oriana Méndez, Jesús Castro Yáñez, Andrea Nunes Brións, Xabier Xil Xardón, Gonzalo Hermo, Berta Dávila Ismael Ramos, Samuel Solleiro, Celia Parra, Alicia Fernández, Lara Dopazo e Antón Blanco.

Son 13 poetas que rondan a trintena e que publicaron o seu primeiro libro despois do 2005, ano no que as eleccións atuonómicas abriron un período histórico de circunstancias políticas e económicas novas. Neste sentido, os 13 poetas selecionados por María Xesús Nogueira
permítenlle aos lectores e ás lectoras descubrir unha paisaxe ata agora nunca abordada: a que xurde ao concluír en Galicia a longa transición democrática.


A antóloga

María Xesús Nogueira Pereira (Berres, A Estrada, 1968) é unha das máis recoñecidas investigadoras da poesía galega das últimas décadas, sobre todo no ámbito que indaga na relación dos procesos da escrita e do xénero. Profesora de Literatura galega na Universidade de
Santiago de Compostela, autora de numerosos traballos sobre poesía contemporánea e sinatura frecuente en diferentes medios escritos (desde hai anos colabora tamén no Diario Cultural da Radio Galega), María Xesús Nogueira foi unha das teóricas da denominada xeración dos 90. É editora en galego e castelán da obra de Xela Arias, ademais de presidenta da Asociación Galega da Crítica.