NAS CIDADES [Beatriz Chivite]

15,00

Descripción

IDIOMA: galego/castellano/euskara
Chan da Pólvora & Papeles mínimos, número 2


‘Nas cidades’, a soidade nómada de Beatriz Chivite.
O volume recolle a escolma dunha das autoras con máis proxección da literatura en éuscaro, traducida por Isaac Xubín.
Jon Kortázar, na súa introdución ao volume, salienta que desde o libro Metro de Chivite, chámalle a atención que a escrita da autora sitúa a con-urbanidade contemporánea, a “condición cosmopolita” do texto nunha cidade que non estaba no País Vasco, que non se situaba en España. Había, engade, “unha gran comunidade de persoas pululando no libro, e ao mesmo tempo expresábase unha gran soidade, que ía máis alá das marxes do poema. Entre a sinxeleza da proposta e a comunicación dun mundo plural, a palabra e o silencio acadaban a marcar o territorio da complexidade emotiva, dos miedos, das ausencias, de situacións que non se comprendían de todo, dun ambiente de intranquilidade, de certa néboa entre o motivo poético escollido, ese mundo de xente que se move, que vai e ven e a expresión elexida para captalo, nesa brevidade que instala a precariedade na relación persoal”.
Beatriz Chivite é unha das poetas de maior proxección na poesía de lingua vasca, con libros nos que retrata, a través de poemas tan breves como intensos no alustro das imaxes, as súas experiencias de nómade, tanto as íntimas como as recollidas na observación comunal. A súa xa extensa obra, recoñecida con varios galardóns, aparece agora verquida ao galego no segundo volume de colaboración entre a editorial madrileña Papeles Mínimos e Chan da Pólvora Editora co título “En las ciudades / Nas cidades / Herietan“, un volume trilingüe que responde a unha
experiencia única en España de apostar polo plurilingüismo e o intercambio de culturas. Desde esta mesma semana, Nas cidades – que foi traducida ao galego por Isaac Xubín– estará dispoñible tanto na web da editora, https://chandapolvora.gal, como nas vosas librarías de referencia.


Beatriz Chivite (Iruña, 1991). Leva máis de 13 anos vivindo fóra da casa e na distancia empezou a escribir poesía en euskara, para sentirse máis perto e manter unha intimidade coas palabras da infancia. Traballou en embaixadas, museos de marionetas e festivais de cine. Viviu na China, Nepal, Indonesia, Hong Kong, Italia, Reino Unido, Taiwan… As cidades e as súas soedades son a súa materia e os poemas que escribe intentan reflectir un nomadismo que ela sente como privilexiado.
Publicou Pekineko kea [Smog de Pekín], premio Concello de Iruña de Poesía 2012 (Pamiela, 2017), Metro, premio Ernestina de Champourcin 2014 (Arabako Foru Aldundia, 2014), Biennale, premio Blas de Otero 2016 (Erein, 2017)
e Mugi / atu [Móbil / limitación] (Pamiela, 2019). En 2015 recibiu o premio Lauaxeta de poesía nova.