A lentitude [María do Cebreiro]

16,00

Descripción

COLECCIÓN: Chan da Pólvora, número 5


A lentitude”, reivindicación de María do Cebreiro fronte ás presas da presión social.

O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014 con “Os inocentes” e que inclúe tamén o volume “Deserto”.
A xuízo da escritora, A lentitude é en certo modo unha reividicación, pois considera “que a presión social para xestionar e superar procesos que, pola súa natureza, teñen un tempo que cómpre respectar é algo profundamente estúpido”.

A escrita torrencial de María do Cebreiro, un dos nomes máis admirados da poesía galega actual, chega en A lentitude á explosión do poema na samieira, entendido o poema como reflexo case mimético da respiración da poeta e a samieira como un veo denso de palabras tras o que se esconde a montaña. Os lectores e as lectoras descubrirán unha María do Cebreiro máis vibrante que nunca, cunha linguaxe que arrastra os sedimentos da ametencia críptica, con revoltas que por momentos nos aproximan á mística, ao zen, ás sentencias morais, á intimidade confesional ou á revelación visionaria dunha muller que se reconstrúe constantemente na escrita. Sen dúbida tedes nas mans o libro máis sorprendente da autora desde a asombrosa fonte de Os hemisferios.


María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) pecha así con A lentitude unha triloxía que se inicou en Os inocentes e que inclúe O deserto, Premio da Crítica Española no 2016. Os seus libros trazan no panorama editorial galego unha especie de diario literario onde a voz e o sangue semellan circular simultaneamente pola carne e polo papel. Desde títulos iniciais como O estadio do espello (1999) e (nós, as inadaptadas) (2001) ata Os hemisferios (2006) ou o diálogo poético con Ismael Ramos A ferida (2013, a autora ven demostrando que o poema non é para ela unha fronteira senón un ámbito de vida.