Camuflaxe [Lupe Gómez]

17,00

Esgotado

Descripción

 01-12-2017 
 9788494570155 
 
 Chan da pólvora, número 4 


Camuflaxe xurde como unha urxencia existencial e literaria que Lupe Gómez sente ao morrer a súa nai, no ano 2013. Porén, o libro, que lle valeu o Premio da Crítica Española, non tarda en sobrepoñerse á elexía persoal e transfórmase nunha crónica reveladora e íntima sobre a extinción cultural e física dunha comunidade. Sen perder a corpulencia do seu verso violento e, ao tempo, fráxil, Lupe Gómez ensaia neste poemario novas formas de enerxía silenciosa, abrindo campos expresivos ata agora inéditos nela. Despois de Camuflaxe ninguén seguirá sendo igual: nin as persoas que o lean, nin a propia autora, que pare ante os nosos ollos un becerro co seu corazón de sangue vermello.


Lupe Gómez [Fisteus 1972] revelouse a mediados dos anos noventa con Pornografía, un libro que rompeu os corsés líricos e abriu unha exploración onde o sexo e a mística falan a mesma lingua. Desde entón, con títulos como Fisteus era un mundo ou O útero dos cabalos, a súa paixón literaria expandiuse a través de xéneros, soportes e idiomas, ata ser unha das autoras máis traducidas e admiradas do país. Periodista de profesión, crítica teatral, entrevistadora lúcida, dramaturga personalísima e recitadora de forza tectónica, Lupe Gómez é desde hai algún tempo lectora litúrxica da catedral compostelá. A súa obra sérvelle de inspiración a Amancio Prada para o seu novo traballo musical.