Flor negra [Genaro da Silva]

17,00

Descripción

 22-05-2018
 9788494769887
 Chan da pólvora, número 6


A poesía é para o autor “achegarse mediante a linguaxe a aquilo que a linguaxe non consigue dicir”.
Flor negra, de Genaro da Silva, é un libro sobre o desexo e os medos antes do desexo que desenmascara ao poeta romántico cunha das máis arriscadas propostas da poesia galega recente. Flor negra, ven ser unha caste de proba de madurez para Da Silva.
Flor Negra podería ser Beatrice, Helena ou Laura, que se revolven cun espello na man cara o poeta que a través delas se exhibíu en público con alma inconmensurable e desbordante capacidade de amar. No espello, o poeta vese espido, desprovisto de todo artificio, e da súa mirada estrañada xorde este libro desbordante sobre a identidade propia e a identidade ante o outro. A flor negra é, para Genaro Da Silva, un pretexto para construír un drama romántico que acaba en combustión cando o poeta se decata as tremoias que el mesmo tendeu. Descubre que está nun teatro pero non interrompe a representación e continúa a actuar mentres todo arde detrás do escenario. Da Silva fala do desexo e dos medos antes do desexo. Fala das dificultades de abrirse ao outro, de abrazar o animal e de quitar as máscaras –seguindo a Bataille– para buscar vida até na morte.


Genaro da Silva [Mourente, Pontevedra, 1980] cre que o poeta debe correr riscos e que a poesía debe ser liminar ante o descoñecido. Autor de títulos como Mudanzas (publicado en castelán no 2008 e Premio da Universidade de Zaragoza), Esguello (en coautoría coa pintora Carolina Munaiz no 2015) ou Lahdnets (libro obxectual do 2018 xunto ao pintor Gabriel Viñals), Da Silva é editor da revista e da páxina dos tr3sreinos.com ademais de coordinar o encontro de poesía arraiano. Enxeñeiro forestal e biólogo de profesión, participa en Portugal desde hai varios anos nun proxecto para paliar os efectos de tres futuros encoros na poboación de libélulas e bolboretas.