Este proxecto rematou.

Love me tender [Ana Romaní]

17,00

Descripción

30-09-2025
978-84-129324-6-1


A autora

Ana Romaní (Noia, 1962) é unha das voces fundamentais da poesía galega das útimas décadas, con libros como Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005) ou Estremas ( 2010). Tamén é unha figura fundamental do periodismo cultural des que en 1990 comezou a dirixir o Diario Cultural, programa de referencia no medio radiofónico que lle valeu un recoñecemento unánime, como o Premio Nacional de Periodismo Cultural do ano 2018. Activista, pensadora do feminismo, artífice de proxectos híbridos de expresión como o Laboratorio de indagacións Poéticas (LIPo) e dicidora brillante de poemas en títulos como Estalactitas (2002), Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002) ,  A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos (2003) e Basálticas (2024), é autora de numerosos ensaios, entre eles Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas (2019).