Noite fiel e virtuosa [Louise Glück]

18,00

Esgotado

Categoría:

Descripción

30-06-2021
978-84-123183-0-2


Louise Glück, a poeta recoñecida o pasado 2020 co Premio Nobel de Literatura, chega ao galego da man de Chan de Pólvora.

Samuel Solleiro foi o encargado de realizar a tradución da obra.

Noite fiel e virtuosa, publicado en 2014, é unha das obras máis inquietantes de Glück, non só porque usa por vez primeira a prosa nos seus poemas senón tamén porque desenvolve, baixo un catálogo ficcional, a complexidade das identidades de xénero. Deste xeito, a autora fala a través dunha muller e dun home, creando un xogo de espellos escintilante que redimensiona os poemas. Ao mesmo tempo, Glück abandona a temática mitolóxica que caracterizara as súas obras anteriores e adéntrase nun enganoso aspecto biográfico para falar, sobre todo, da morte, pero tamén da vellez, do amor e mais da experiencia.


Louise Elisabeth Glück [Nova York, 1943] é unha das poeta norteamericanas de maior recoñecemento na actualidade. Ademais do Nobel, recibiu algúns dos máis prestixiosos garalardós do seu país, entre eles o Pulitzer por The Wild Iris en 1993. En 2020 converteuse na decimosexta muller en obter o Nobel de Literatura.
Trátase dunha autora que tece poemas de curte confesional e expresión formal narrativa, reflexiva nun lindeiro que con frecuencia se cruza coa revelación. Nos seus poemas adoita definirse como unha muller que pasou a vida buscando a aprobación da súa nai. “Escribo [asegurou unha vez] para falar a aqueles aos que escoitei”.


Samuel Solleiro [Tui, 1982] publicou en Chan da Pólvora O mundo dos vivos, un libro que marcou o seu regreso á poesía doce anos despois de escribir Punk, o seu poemario de xuventude. O libro afianzou a súa sona de loitar contracorrente, acadada xa na narrativa, e confírmouno como un escritor de gume afiado, capaz de irromper na lectura do poema con descargas de inxenio. Guitarrista no grupo “Ataque Escampe”, Solleiro é tradutor de profesión, licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. Publicou sobre todo narrativa, xénero no que figuran títulos como Dz ou o libro do esperma (2006) e Gran tiburón branco (2012).