Descripción
Despois dunha paréntese de escrita poética e durante a convalecencia dun accidente que case lle costa a vida, Antón Reixa entra nun período intenso de escrita. Dese transo de marcada reflexión, e partir de textos pre-existentes, xurden os poemas de Outlet, un libro que se nutre da racionalización do proceso creativo. O lévedo son distintos
materiais pre-existentes ou o exercicio de memorialismo e autoficción que lle serviu para compactar o sobrecolledor Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, onde revelou vertentes ata entón inéditas da súa escrita. A heteroxeneidade de Outlet ten que ver coa procura compulsiva dunha voz propia pero tamén coa incansable exploración dun artista que non renuncia á capacidade de observar o mundo desde os dispositivos do humor e coa complicidade da súa intelixencia.
Antón Reixa (Vigo, 1957) leva axitando a poesía galega des que fundou en 1975 o Grupo de Comunicación Poética Rompente, xunto a Alfonso Pexegueiro, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. A súa poderosa capacidade como creador e activista evoluciona rapidamente nos anos oitenta e noventa en proxectos como Os Resentidos ou Nación Reixa, que o converteron nunha das figuras máis carismáticas de Galicia durante a cultra da transicion. Sen abandonar nunca a escrita, con pezas dramáticas de gran repercusión e poemarios de culto, Reixa mergullouse no aduiovisual e na incipiente industria audiovisual galega con series televisivas lendarias como Mareas vivas ou a produción cinemaográfica de O lapis o carpinteiro. Entre os seus libros, figuran As ladillas do travesti (1979), Historia do Rock and Roll (1985), Viva Galicia beibe (1994) ou MICHIGAN / ACASO MICHIGAN (2018). Neste 2020, cando Rompente volveu reunirse para actuar en directo, Reixa publicou tamén Melancholemia, texto escénico dunha obra que estrenou na pasada edición do Festival de Ribadavia.