Radiante [Manuel Darriba Blanco]

19,00

Descripción

 

29-09-2022
978-84-124731-9-3


Tendo en conta que a versión final de Radiante, e a súa publicación, coinciden cunha etapa na vida do autor especialmente dura, chea de dores e de incertezas, o título do libro pode parecer irónico. Pero “radiante” significa tamén “luminoso”, e o autor confía en que estes poemas irradien certa luz; aínda que sexa deliberadamente turbia. Durante o proceso de composición da obra, que se prolongou varios anos, o autor sentiu que traballaba unha materia dura, pedra ou madeira, para extraer da masa informe fragmentos de discurso estructurado.
Sentiuse máis escultor que escritor. En moitos casos, os poemas empezaron como gromos de escritura automática (ou case) que cobraron forma e sentido no proceso de creación. “Toda peza de arte acabada”, asegura “é unha estación de destino cunha viaxe moi longa. A poesía pode ser complexa, pero nunca o é tanto como a vida”.


Manuel Darriba (Sarria, 1973) é poeta, narrador e guionista. Estudou Xornalismo e Filosofía, exerceu de reporteiro (en xornais como El Progreso de Lugo, El Mundo ou El País) e codirixiu a axencia Transmedia, editora de revistas especializadas. É autor dunha quincena de obras, entre as que figuran novelas coma Velada do billarista, Accidental ou O bosque é grande e profundo, o libro infantil Brais e os demais e poemarios coma Os indios deixaron os verdes prados (Premio González Garcés).
Dende o 2011 traballa como guionista audiovisual en series como Serramoura, vertente do seu traballo que desenvolve para distintas canles e plataformas, ademais de ser autor de proxectos propios en series ou no cine.