resistencia da auga [Xabier Cordal]

17,00

Esgotado

Descripción

 11-11-2018
 9788494856532
COLECCIÓN: Chan da Pólvora, número 8


Fronte aos dogmas impermeables, Xabier Cordal traza en resistencia da auga un discurso fluído e lúcido sobre a poesía, as súas formas
posibles e o alento permanente da vida.
Dalgún xeito, este libro que fala do amor, da familia, do activismo político e das linguaxes secretas, redimensiona a obra dun autor que
explorou, como moi poucos na poesía contemporánea, os códigos do indicible. O poeta volve a mirada ás recónditas omoplatas do seu pasado e fai, a partir dese pasado, unha lectura desbordante de símbolos, emocións e síntomas trascendentes. O resultado son poemas de formas ondulantes, prodixiosas, que cativarán as lectoras e os lectores co seu enxeño e habelencia.

Xestado durante anos pero escrito coa intensidade da palabra espontánea, resistencia da auga amosa a sabedoría dun autor que combate e se retorce, que ama sobre todo a explosión atronadora do silencio.


Xabier Cordal (A Coruña, 1965) formou parte de Ronselz, colectivo poético que se convertería nunha lenda coa publicación en 1994 do libro Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, onde se integrou boa parte das súas máis célebres composicións.
Cordal iniciou a traxectoria individual con Arianrod (1993), ao que seguiron Fruto de teixo (1994), Afásia (1997), A Vella peneira a noite (2001) e Transmuta (2012), apontoando un proxecto literario arriscado e radical. “Gustaríame pensar”, asegura, “que a poesía, coma
o resto das artes, é moi consciente da súa irrelevancia e da súa transcendencia”.