Urania [Chus Pato]

14,00

Esgotado

Descripción

 30-06-2016
 9788494570117
Colección: Chan da Pólvora, número 2


En Urania, o poema non ten idade porque testemuña unha exclusión: é o remanente que permanece ancorado ás pulsións do idioma, abríndolle as costuras ao real. Cando se cumpren vinte e cinco anos da súa publicación, Chan da Pólvora Editora recupera o primeiro libro de poemas de Chus Pato, autora dunha das escritas máis ambiciosas, singulares e rotundas do panorama poético contemporáneo.


Chus Pato é unha das voces máis representativas da poesía galega contemporánea. É autora de once poemarios, publicados entre 1991 e 2019, polos que recibiu varios premios, como o Nacional da Crítica Española e, en dúas ocasións, o Losada Dieguez, así como o Premio Mondoñedo 10. Ademais da súa importante proxección no ámbito anglosaxón, os seus libros foron editados en países como Arxentina, Portugal, holanda ou Bulgaria, e a súa obra foi recollida en decenas de antoloxías nacionais e internacionais. Participou en distintos e prestixiosos festivais en todo o mundo. no ano 2015, a súa voz foi incorporada ás gravacións da Woodberry Poetry Room de Harvard, que recolle as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop ou W. h. Auden. Os seus poemas romperon os estereotipos da poesía galega no ano 2000 con m-Talá (2000). O seu libro máis recente titúlase Un libre favor (2019).