Cadernos persoais [Lois Pereiro]

17,00

Descripción


Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos inéditos, con edición e notas de Hector Cajaraville, que nos descubren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que , atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía.

O valor destes cadernos, cedidos pola familia, non é soamente documental ou biográfico, senón de grande intensidade literaria, en tanto que proporcionan un novidoso panorama sobre o proceso creativo dun escritor que concibiu a poesía como medio de liberarse da opresión social e que se convertiu, desde o Día das Letras que lle dedicaron en 2011, nunha das figuras máis admiradas e queridas da literatura galega recente.

Os textos, como subliña Cajaraville, “están extraídos de cinco blocs escritos polo autor entre os anos 1989 e 1993 e conservados polo seu irmán Xosé Manuel xunto con outros textos manuscritos inéditos. A maioría das anotacións que os compoñen están realizadas coincidindo coas múltiples viaxes que realizou por diferentes países europeos (Francia, Alemaña, Bélxica e Reino Unido) durante eses anos. Ademais, o volume inclúe a transcrición dunha axenda de 1996 (regalo de Isabel, muller de Xosé Manuel) que contén apuntamentos realizados entre os meses de xaneiro e abril dese ano, os derradeiros da vida de Lois”.

Trátase, en definitiva, dun material heteroxéneo no que poden atoparse anotacións “a xeito de diario íntimo” ou poemas enteiros, ademais de ideas para relatos, aforismos, citas literarias e musicais, “pensamentos breves ou reflexións longas, vivencias e anécdotas das viaxes”, mesmo “sentenzas non exentas de enxeño e humor”.

Sen dúbida, estamos ante un volume que permite revisitar, en todo o seu esplendor, o característico e engaiolante Mundo Lois.


Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958 / A Coruña, 1996). En los últimos años, Lois Pereiro pasó de ser una figura de culto minoritario a convertirse en uno de los poetas de referencia en la literatura gallega contemporánea. El poder de su palabra y la intensidad de su biografía confluyen en una obra que describe de manera penetrante los brillos y las sombras de una época clave en la historia del país: la de las décadas vertiginosas que cerraron el siglo  XX. Pereiro  comenzó a escribir a los 16 años, después de unos poemas iniciales, publicados a madres de los años setenta en la revista  Loia, elaboró lenta y  obsesivamente una obra que reunió en Poemas 1981-1991 y Poesía última de amor y enfermedad. También es autor de una novela corta,  Náufragos del paraíso, y de un apasionado volumen de prosa autobiográfica que se publicó cuando le dedicaron el Día de las Letras Gallegas (2011), titulado Conversación ultramarina.