Descripción
Isolda Santiago, unha das autoras máis esvaradías e inclasicables da xeración dos noventa, rompe un silencio de 25 anos e ofrécenos a súa Escrita oculta, volume onde reúne dous libros inéditos, Cando levante a brétema e Correspondencia. O primeiro valeulle en 1998 o Premio Avelina Valladares pero, por unha serie de atrancos administrativos, nunca saiu á luz. O feito alimentou ao seu arredor un halo de misterio que agora
se esvae na explosión de humor e sabedoría literaria dos seus poemas. Correspondencia é coetáneo pero ten unha raíz máis biográca: unhas cartas que intercambiou “nun inverno efervescente, de pura exaltación literaria”.
Escrita oculta non só redimensiona a figura de Isolda Santiago na paisaxe literaria da súa época senón que lle revela á xente nova unha voz a ben seguro descoñecida. Ao mesmo tempo, o libro convértese no antecedente máis claro dos camiños abertos pola escrita das mulleres desde comezos do século XXI.
Isolda Santiago (Paxareiras, Mazaricos, 1960) é unha figura que atravesou os anos noventa da poesia galega cunha cárrega poderosa de rebelión e intelixencia. Deuse a coñecer en 1993 con Flor de tan mal xardín, que lle valeu o Premio Fermín Bouza Brey e que a converteu nada máis publicarse nunha referencia xeracional. Despois apareceu Berce de Estampas (1998) ou traballos en obras colectivas como Carpeta 8 e medio. Tamén deixou os seus versos na entrega Látex do suplemento Chineses do xornal “Galicia Hoxe”. A súa escrita pode rastrexarse en revistas como Festa da Palabra Silenciada. Levaba sen publicar un libro desde de Bestiario (1998).