Insolúbel [Franco del Carro]

16,00

Esgotado

Descripción


Insolúbel parte dunha colleita que Emilio Araúxo realizou sobre as pintadas de Franco del Carro, nome lendario da vida compostelá durante a transición. A partir do escaso material que puido rescatar, desde a editorial inténtase reconstruir un dos períodos máis engaiolantes da capital galega, marcado polas accións estudantís, a quebra do sistema ditatorial e as expectativas democráticas.

Insolúbel non só é un conxunto de textos atopados por Emilio Araúxo nas paredes de dous edificios composteláns [na rúa Alfredo Brañas e na de Rosalía de Castro] a mediados dos anos oitenta, senón tamén unha inmersión na atmósfera de Compostela entre a morte de Franco e a súa declaración como capital de Galicia. A reconstrución realízase a través de personaxes que estaban situados nas marxes e que, por circunstancias históricas excepcionais, pasaron a ocupar un centro creativo popular. Non se trataba só Franco del Carro, senón tamén as Marías [hoxe elevadas ao santuario laico compostelán por documentais, esculturas e obras de teatro] ou Bretón, que creou a primeira asociación de enfermos mentais de Galicia á sombra da reforma psiquiátrica de Conxo [1973]. Ou Casal, que amenizaba as rúas co espectáculo da súa cotorra parlanchina. Ou El Caudillo, que se consideraba o ditador en persoa e ás veces paseaba tamén vestido de
Carme Polo. Ou o Príncipe Galín, que encabezou agúns dos máis irreverentes actos anarquistas de entón. Ou o Poeta da Amahía. Ou o Si-
Bemol, que inventou un instrumento de corda ao soamentes el lograba extraerlle afinación. De todos eles, Franco del Carro foi o único que non deixou pegadas documentais, o único que carecía dunha identidade biográfica por baixo da súa identidade ficcional. O único que foi pura construción popular.