Nocturno de verán e outros poemas [Francisco Cortegoso]

17,00

Descripción

10-09-2023
978-84-126863-7-1



Un poeta no límite da linguaxe

Francisco Cortegoso (Bora, Pontevedra 1985-2016) deuse a coñecer no ano 2008 en Revista das Letras con Ningún home, agrupación de poemas nos que xa se asomaba Suicidas. A súa obra, que pode rastrexarse en volumes colectivos ou en revistas como Grial, esténdese através de varios títulos, entre eles Carta ao poeta español, un libro aínda inédito que xurdiu como diálogo persoal coa obra de Leopoldo María Panero, autor que ao seu ver, desde un punto de vista lírico, “leva o verso ata o límite de si mesmo”. No 2013, conseguiu o Premio Pérez Parallé con Memorial e danza, editado ese mesmo ano por Espiral Maior, uns poemas nos que se movía entre as escenografías da revelación, o campo nutricio da rosa e a disolución da paisaxe bravía. A través de versos inesquecibles, ofrecía o catálogo dos seus pensamentos, construíndo e deconstruíndo o que vía, o que sentía e a armazón da razón, nunha escrita de investigación formal que evidenciaba a voz dun poeta convencido de que a forma nos serve simultaneamente para allearnos de nós mesmos e para acceder á esencia do poema: a respiración. Porque a lingua, ven dicir Cortegoso nese libro, trascende o coñecemento gracias á respiración, nunha metáfora que o entronca coa filosofía oriental: “a luz que sen luz ve”.