Palmeiras, piueiros [Anxo Angueira]

19,00

Descripción

 

20-02-2022
978-84-124731-0-0
Cova da Lontra, número 6


Anxo Angueira levaba quince anos sen publicar poesía ata a aparición deste libro inesperado, cun título onde conviven o que morre e o que renace, o vexetal e o pétreo, o exótico e o enxebre, o coñecido e o por descubrir. Porén, non se trata só dun regreso: estamos ante unha perspectiva poética global do autor no seu sesenta aniversario á que acompañan as esculcas reveladoras de Chus Pato e de Xabier Cordal.

Palmeiras, piureiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso creativo e extendenuse en múltiples dirección, nun proceso desbordante que atinxe tanto á intensidade formal como á profundidade das emocións. Máis que nunca, neste libro de Angueira, a palabra e a voz son un principio de pracer.


Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) constrúe desde finais dos anos oitenta unha das obras máis persoais da poesía galega. A súa proposta, enxertada na intensidade do avío popular e relanzada no ámbito axitador, deixou pegadas indelebles en libros como Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Libro  da Vertixe (1997) e Fóra do sagrado (2007).  Desde finais dos noventa, internouse no cúltivo da narrativa, onde conseguiu unha grande acollida, tanto da crítica como dos lectores. Pensa nao (1999) ou Iria (2012) son algúns dos seus títulos máis celebrados. De entre os ensaios e investigacións como profesor da Universidade de Vigo, cómpre destacar A espiral no espello (2009). Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro (2013), Rexurdimento: a palabra e a idea (2019) e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Foi membro fundador das Redes Escarlata (2001) e desde xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.