Clepsidras [Inma López Silva]

15,00

Categoría:

Descripción


Clepsidras é o título do primeiro poemario de Inma López Silva, unha escritora que desenvolveu unha brillante carreira como narradora e que agora se adentra, por vez primeira, na poesía. Trátase dun libro apaixonante, tanto pola súa escrita como pola ousadía literaria da autora, que experimeta coa voz e cos recordos. Clepsidras é o último Premio Eusebio Lorenzo Baleiron.

De súpeto, Inma López Slva, unha das narradoras máis celebradas da literatura galega actual, sentiu a chamada da poesía e escribiu, practicamente como nun refol de inspiración, Clepsidras. Tampouco é que López Silva estivera de costas á poesía. En absoluto. Desde nena –como ela mesma recoñeceu ao recoller o prenio– mantivera un estreito contacto con distintos poetas pero cría que ese xénero lle sería para sempre esquivo. Ata que os versos empezaron a manar sobre o papel e consigiu construír un libro tan sólido como persoal.

En Clepsidras, asistimos en verso real á experiencia dunha escritora que se enfronta á experimentación literaria e, simultaneamente, á descuberta da memoria persoal. Moi poucas veces se dá a oportunidade de ler a unha autora tan exposta e tan consciente da súa exploración. Sobrecolle como se desdobra en filla, nai, esposa, amante, neta. Como se mergulla na profundiade emocional e combate a presión do poema cun sorriso nos labios. Clepsidras apreixa o tempo líquido –inapreixable– e as súas rimas cósmicas, que nos unen máis alá dos lazos de sangue. A súa intimidade desarma a calquera persoa que se achegue a este libro asombroso.


Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) é unha exploradora de narrativas e paisaxes que se converteu nos últimos anos nunha das figuras máis admiradas da literatura galega contemporánea. Deuse a coñecer en 1996 coa novela Neve en abril, á que seguiron os libros de relatos Rosas, corvos e cancións (2000) e Tinta (2012). Nese período, publicará algunhas das obras que lograron a aclamación da crítica e do público, ademais de importantes premios, como foron Concubinas (2002), Non quero ser Doris Day (2006), Memoria de cidades sen luz (2008) e Aqueles días e que eramos malas (2016). Ademais escribiu o libro de viaxes New York, New York (2007) e os ensaios feministas Maternosofía (2014) e Chámame señora, pero trátame coma a un señor (2018). A súa última novela, O libro da filla, foi publicada en 2020 e recibiu o Premio da Asociación da Crítica Española.