Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo [Carlos Penela]

13,00

Categoría:

Descripción

30-12-2019
 9788412101836


Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo permitiulle a Carlos Penela gañar por segunda vez o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, que no 2000 obtivera con Acaso inverno ao tempo que confirmou a súa traxectoira como unha das de maior recoñecemento entre os xurados galegos, incluíndos galardóns como o Caixanova, con Sombras rosas sombras; o Espiral Maior; con As linhagens do frio ou o González Garcés con Arte de fuga. Agora, en Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a súa produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. O poema condénsanse pero tamén se converte nunha paisaxe de maior peso narrativo, cunha linguaxe, marcada pola vontade do rigor e da honestidade, que lle permite sortear a devastación do tempo.
Porque a poesía, asegura Penela, comeza a agromar, precisamente, cando se logra ir máis alá das fronteiras impostas pola linguaxe caduca e ruín do presente.


Carlos Penela (Vigo, 1975) é licenciado en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 2004 reside en Viena, cidade na que se dedica a tarefas de tradución comercial e onde ampliou estudos de linguas alemá, dinamarquesa e italiana. Colaborou en diversas publicacións colectivas, entre outras Verbo na Arria – Homenaxe literaria a Xohán Xesús González (2015) e Onda poética (2018), e con revistas literarias e culturais como Dorna ou Grial.
Xunto á escrita poética, o seu interese céntrase, fundamentalmente, na pesquisa e escrita en prosa sobre a literatura e a historia cultural de Europa Central, nomeadamente aquelas de expresión en lingua alemá.