NEVE [Brenda Mondelo]

15,00

Categoría:

Descripción

18-05-2023
 978-84-125905-8-6
galego


Neve parte dun feito histórico para construír un singular exercicio literario sobre a memoria pero tamén sobre o compromiso.

O luns tres de abril de 1917 chegaba á Estación de Finlandia –na actual San Petesburgo– o “tren que cambiou o mundo”, como se denominaría logo. Nel regresaban do exilio Vladimir Ilich Uliánov, máis coñecido como Lenin, e Nadezhda Krúpskaya, a súa compañeira, impulsora do sistema pedagóxico soviético e dunha decisiva rede de bibliotecas. A partir da figura desta muller –con frecuencia esquecida á sombra de Lenin– Brenda Mondelo reconstrúe aquela viaxe. Faino alancando por riba da crónica histórica nun proxecto literario orixinal e inédito que se nutre de continuos saltos temporais e xeográficos. A autora non só lle rende homenaxe a Krúpskaya –unha personalidade política e humana pola que sinte grande admiración– senón tamén ás xentes do seu Ancares natal, ao seu avó –que cunpriu cen anos o día no que acabou o poemario– ou a todas as persoas que desde nena a fixeron ter conciencia de clase. Estamos ante libro de poderosas emocións que ten por tras do espello, nos ollos, un prado nevado.

Neve é o volume gañador do XXXVII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.


Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017. Graduada en Periodismo e Ciencias Políticas, gañou entre outros galardóns o (Re)inventando Xela Arias, de 2021. En todos os anos que pasou fóra da súa aldea, asegura, tivo sempre a necesidade de escribir sobre as persoas que poboaron un mundo que nalgúns momentos creu perder pero que logra recuperar a través da poesía.