o lugar que non hai [Estevo Creus]

12,00

Categoría:

Descripción

31-12-2018
 9788494856563
elba, número 2


Entre o visible e o invisible, a poesía. Esa parece a pulsión que desencadea e expande O lugar que non hai, un libro no que Estevo Creus se demerxe definitivamente nunha profundidade fantasmática, de realidades múltiples, onde as lectoras e os lectores quedan colocados fronte ás súas propias costas. Vertebrado sobre a oralidade que embebe de maneira característica a escrita de Creus, O lugar que non hai respira como un longo poema mamífero e cada unha das súas palabras é, ao mesmo tempo, palabra e xesto. Todo neste libro é prodixio, misterio, escintilante luz…


Estevo Creus (Cee, 1971) irrompeu na poesía galega en 1996 coa asombrosa forza dos seus Poemas da cidade oculta e Areados, dous libros que amosaban a singularidade dun autor que, desde entón, traballa entre os límites literarios e os ámbitos da fisicidade oral.
Integrante do Batallón Literario da Costa da Morte, membro fundador de Letras de Cal, psicólogo de profesión e performer en colaboración co seu irmán David, Estevo Creus publicou títulos como Libro dos cans ou Decrúa. O lugar que non hai permitiulle gañar por segunda vez o Premio Lourenzo Baleirón, acadado xa con Areados.