Se pedra na brétema [Ramón Blanco]

12,00

Esgotado

Categoría:

Descripción

 01-12-2017
 9788494769832
 ELBa, número, 1


Se pedra na brétema é o título do inquietante libro co que Ramón Blanco gañou no ano 2016 o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro.

“A palabra debe aguantar o incendio”, vén dicir Ramón Blanco nun dos poemas de Se pedra na brétema, unha proposta profunda e turbadora, axitada polas sintaxes do corpo e pola escuridade simbólica da poesía. No libro, o espazo literario reúne a permanencia do
granito e a confusión da bruma, ambas cohesionadas polo imperturbable deambular do tempo como anuncio da fraxilidade existencial. Ramón Blanco non fai concesións. Prefire conducir as lectoras e os lectores polo gume afiado dos cristais rotos antes que practicar
o hipnotismo escilante. Pertence a esa caste de escritores que confían na perdurabilidade da escrita pero son conscientes de que nunca conseguirán o seu obxectivo: a confusión impregna as palabras como a néboa impregna as pedras da montaña.


Ramón Blanco (Outes, 1979) forma parte de Sacou, colectivo que xurdiu en Noia no ano 1998 na tasca que rexentara Antón Avilés de Taramancos. Os seus primeiros textos déronse a coñecer na Caramuxa, revista do colectivo que foi un referente no Barbanza. O seu primeiro poemario titulouse Orfeu en soños (2005), un libro que percorría unha ampla herdanza literaria, desde a Grecia clásica a Derek Walcott e Manuel Antonio. Logo, sorprendeu aos lectores con Emily on the road (2012), xurdido en forma torrencial dunha influencia inspiradora de Emily Dickinson e Jack Kerouac. Actualmente, dá clases de galego en Noia.