Descripción
IDIOMA: galego
URDA é o título do segundo libro de quico, un rexplorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este volume, o poeta gañou o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón na edición de 2020.
O autor non só se enfronta á poesía como unha forma de experimentación das emocións, senón que elixe o camiño máis complexo. A súa palabra rompe o sentido da escrita e constrúe conciencia literaria. Deixa no pouso do verso as inquedanzas de Celan, o humus de Chus Pato e a afouteza de Alba Cid para sobardar as referencias e reconstruirse nunha caste de xenio protector que reflexiona sobre política, sobre
estética e sobre o propio feito da escrita. A lucidez do autor vai en paralelo á explosión que os seus versos provoca. Esa sensación de que o silencio grita significados que a palabra oculta.
quico (Arcos, 1990) é un dos axitadores do panorama poético de Galicia ao longo da última década. Revelouse co libro O tempo da cireixa (2019), ao tempo que se convertía nunha referencia como programador libreiro ao asumir a dirección de Chan da Pólvora Libraría entre 2018 e 2020. Recitador en distintos festivais como o do Condado, QUICO asegura que en URDA se atinxen dous fracasos: o de Euripa como proxecto social e o da escrita.