Voz do arqueiro [Antón Blanco]

13,00

Esgotado

Categoría:

Descripción

 01-12-2020
 9788412222166

“Ela, o arqueiro, era un río” lese nun dos poemas de Voz de arqueiro, a nova e intensa entrega poética de Antón Blanco Casás, autor que en poucos anos logrou construír un código propio coa súa escrita. O Premio Eusebio Lorenzo Baleirón que recibiu por este libro confirmou a forza da súa traxectoria e proporciónanos un material singular e
misterioso, bebedor nas fontes da literatura apocalíptica do século V. O que lle interesa a Blanco Casás do arqueiro son as frechas. É dicir, a voz do poema, afiada e sagaz, cunha dirección necesaria. A súa sensación é a de que chegou a un momento no que escribe e modula o mesmo poema, que intenta coñecerse a si mesmo. O arqueiro podería ser,
neste sentido, o propio poema.


Antón Blanco (Carril, Vilagarcía de Arousa, 1996) descubriu a poesía no impacto de Lois Pereiro, cando lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2011. Desde entón, non deixou de buscar novas expresións á súa voz e de tratar de entender os mecanismos da súa sintaxe. Músico de forma colateral (foi batería do grupo Bordeline79 e actualmente de Atrás Tigre), Antón Blanco desenvolve co pianista e poeta Afonso Traficante a proposta Canine, un experimento musical de poesía sen palabras. O seu primeiro libro, A oseira, que inaugurou a colección de referencia de Chan da Pólvora Editora, converteuse nun dos grandes acontecementos poéticos do ano, un libro turbador que se detén no ritmo acelerado da deflagración para dar conta de que o que queda do conflito non son os restos senón os testemuños.