Je vous salue, Fran Cortegoso [Pablo Fidalgo Lareo]

7,00

Descripción

10-12-2021
978-84-123183-6-4
Malaca de fóra, número 8


Nestes textos, brillan tanto os poemas como os poetas, fundidos ambos nun concepto esencial: “A única liberdade é definir o amor”. Imposible non emocionarse co Cortegoso que recupera para nós os versos de Fidalgo. Imposible non facelo ao lembrar un poeta que quería superar a linguaxe posesiva e desvelar un poema que sempre puidese acoller ao outro. “A morte”, escribiu Cortegoso, “é algo que nos pertence / contempla como se percorre axul / tras un veo de brancura no pulso”.


Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) é unha das figuras máis desconcertante da creación galega actual. Poeta, dramaturgo, actor, performer, teórico ou director do festival Escenas do cambio, en Santiago de Compostela, Fidalgo converteuse nunha figura referencial da poesía en castelán con La educación física (2010), La retirada (2012) ou El tiempo de las tragedias absurdas (2012), aos que seguiu Mis padres: Romeo y Julieta (2013), libros onde o espiñento labirinto das relacións familiares deixaban a carne das emocións ao descuberto. É autor de Parangolé, libro editado por Chan da Pólvora.  Autor de pezas dramáticas como O estado salvaxe. Espanha 1939 (2013) ou de Anarquismos (2018), tamén dirixiu numerosos espectáculos, boa parte deles en Portugal, onde reside habitualmente.
Foi artista residente en diferentes centros de creación como o Centro CIA (Buenos Aires), o Centro Cultural Vilaflor (Guimarães), SOMA (México DF), o Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela), a Aula de Danza de la UAH-La Casa Encendida (Madrid), Cal Estruch (Sabadell), Centro Párraga (Murcia), Azala (Álava) ou L’animal a la esquena (Girona). Estrenou pezas en colaboración cos artistas Miguel Bonneville (¿Qué hacen a estas horas los coroneles?, 2014), Fon Román (Persona non grata, 2014), Uxía P. Vaello (Quiñones/Vaello, 2014) e Estefanía García (La democracia, 2009).
Para o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo coordinou os ciclos Resistencias (2011) e Material memoria (2013-2014). Comisariou o ciclo El grado cero del teatro. Reescribir la historia desde la escena (Alhóndinga Bilbao, 2014). En Galicia, dirixe Escenas do cambio. Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela), desde a súa primeira edición en 2015.