Coleópteros II Lorena Souto

8,00

Descripción

 11-11-2018
 9788494856556
IDIOMA: galego
 Malaca de Fora, número 4

Coleópteros” funciona como unha caixa entomolóxica de escenas, conversas e reflexións vinculadas á vida cotiá na que Lorena Souto se criou. Estes poemas falan dos rituais e das difíciles aprendizaxes que marcan os ritmos da aldea. Pero sen nostalxia. Trátase, máis ben, dunha mirada desde dentro dun organismo que respira e latexa. A poeta disecciona un modo de vida complexo que, na súa opinión, resulta ás veces brillante e ás veces doloroso.

Nacida no Páramo (1983), Lorena Souto traballa e fai actualmente a súa tese doutoral na Universidade de Bangor (Gales). Con estes poemas que publicamos en Chan da Pólvora Editora, recibiu no ano 2017 o Premio Leiras Pulpeiro. O seu primeiro libro, “Fase de trema“, gañou no 2011 o Premio Pérez Parallé.