Os lobos na casa de Esaú [Lara Dopazo Ruibal]

8,00

Esgotado

Descripción

 01-12-2017
 9788494769801
 Malaca de fóra, número 2

En Os lobos na casa de Esaú, Lara Dopazo Ruibal rompe ligaduras, derruba os dogmas de xénero e devólvenos o célebre mito bíblico convertido nunha muller desafiante e reivindicativa, primoxénita e cazadora. “Do meu útero sairán amazonas”, escribe, “que terán a vinganza tatuada nos ollos. Mais cando iso aconteza eu marcharei cos meus lobos á montaña e alí cumprirei os designios dun deus no que nunca crin”.  Despois de libros como illa peixe ou ovella, e de gañar este mesmo ano o Premio Vergara Vilariño con Claus e o alacrán, Lara Dopazo sorprende agora os lectores con estes poemas esculpidos no ritmo do sangue e na eclosión da palabra implacable, limpa como as areas do deserto.


Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é periodista e especialista en programas de estudos en mancomún. A súa obra poética, recoñecida con galardóns como o GzCrea ou o Francisco Añón, concéntrase en Dende illa peixe e Ovella, dous títulos que amosan o seu interese por reconstruír os espazos cotiás a partir das exploracións íntimas, con versos que concentran na súa capacidade imaxinativa o potencial lírico. Influenciada polo feminismo como instrumento de prospección creativa e social, Lara Dopazo cultivou tamén a narrativa en Clementina, que lle valeu no ano 2015 o premio Nortear. “Tragarei todo o deserto se fai falla”, escribe nun dos seus poemas de Dende a illa peixe.