Cotodamina II Rafa Lobelle

9,00

Descripción

 23-08-2019
 9788494993169

 Malaca de fora, número 6
MATERIA: poesía


Os poemas de Rafa Lobelle posúen unha consistencia que non remite aos recursos literarios senón ao fenómeno extraordinario da descuberta. A esta capacidade únese en Cotodamina unha habilidade inusual para crear atmosferas tan densas que ás veces semella percorrermos un tempo solidificado, como os recordos disecados dunha memoria colectiva. Estades ante un libro turbador, necesario, forte e fraxil, tecido cos fíos dun alto contido emocional para poder así expoñer desde a distancia cirúrxica a fatalidade.
A pesar da súa xuventude, Lobelle viviu en carne propia a desaparición do mundo que o configurara como persoa: a paisaxe da súa infancia quedou sepultada pola maleza, asfixiante. Cotodamina está escrito, precisamente, contra esa asfixia e contra a sensación de beleiro pero tamén para tratar de entender o que pasou e como se pode romper a cadea. Nacido nas ladeiras do Monte Faro (Vilameá, Chantada, 1988), Rafa Lobelle é profesor de Historia en Mazaricos. Publicou os poemarios Andar ás apóutegas (2014) e Física elemental (2018), ademais da novela Evanxeos Apócrifos (2018).