Exhibición de Colorado II Miriam Sánchez Moreiras

15,00

Categoría:

Descripción

 25-11-2019
 9788494993190
N, número 2


Exhibición de Colorado (Poemas da domesticación)” de Miriam Sánchez Moreiras é un bestiario lúcido, irónico e, moitas veces, desacougante, a través do cal nos ofrece unha certa mirada [exterior/interior] do que a autora ve [fóra/dentro] na súa estadía norteamericana.

Están o espazo e os seus habitantes salvaxes / está a salvaxe partida cara o alleo. E tamén está unha observación tranquila do cativo, do que se nos escapa e que reparando na súa presenza nos confirma a nós, nos libera: os ollos, as mans, a boca nun chícharo…así de doado [ou non tanto].